Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE levará a pleno a demanda veciñal para dotar o barrio de Riazor dun centro cívico

O portavoz, José Manuel García, advirte do envellecemento poboacional e da necesidade de dar resposta ás novas necesidades. O presidente da asociación de veciños, Pedro Méndez, formúlalles ao portavoz e á secretaria de Barrios, Cristina Otero, queixas como a sucidade, a retirada de alcorques, a falta de accesibilidade e a aparición de ratas en Mestre Mateo

O PSOE comprometeuse coa veciñanza de Riazor a levar ao pleno municipal as súas queixas e demandas, entre as que destaca a dotación dun centro cívico no barrio. O portavoz socialista, José Manuel García, advertiu do envellecemento poboacional e das novas necesidades que xorden desta realidade social, entre elas dispoñer de espazos para o encontro dos maiores. Por iso, formularase o estudo desta dotación para a zona.

Na mesma iniciativa, os socialistas exporemos a necesidade de dar resposta á falta de atención do barrio, con problemas de limpeza e mantemento. No percorrido pola contorna da praza de Mestre Mateo, o presidente da asociación de veciños, Pedro Méndez, explicoulle ao portavoz socialista e á secretaria de Barrios da Agrupación, Cristina Otero, os problemas de accesibilidade na entrada de edificios e locais, así como no tránsito polas rúas.

Ademais, Pedro Méndez denunciou a retirada dos alcorques por parte do Concello, o que está a xerar charcos e acumulación de barro nas beirarrúas, o que supón un risco para o paseo. De igual forma, foron varios os veciños que denunciaron a aparición de ratas na praza de Mestre Mateo, xerando un foco de insalubridade.

Todas estas queixas e demandas formularanse como iniciativa para tratar no próximo pleno municipal, tal e como avanzaron os socialistas no seu encontro coa veciñanza de Riazor.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión