Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE pídelle a Marea Atlántica que escoite a veciñanza antes de actuar na rúa Ramón Cabanillas

A agrupación veciñal non ve sentido a peonalizar unha pequena vía que non favorece o paseo e elimina máis de dez prazas de estacionamento. Os socialistas propoñemos que se reformule a obra para atender as persoas residentes na zona.

O Grupo Municipal Socialista solicítalle a Marea Atlántica que escoite a veciñanza antes de abordar proxectos que non contan co consenso necesario e que en ocasións non se axustan ás necesidades dos barrios. Neste sentido, confiamos en que o grupo de goberno lles preste atención ás queixas da asociación veciñal dos Mallos, que non lle encontra sentido ao proxecto para peonalizar a rúa Ramón Cabanillas, unha vía pequena, que non favorece o paseo peonil e que ademais levaría a supresión de máis de dez prazas de aparcamento.

Nunha visita á zona, o portavoz socialista, José Manuel García, chamou a atención sobre esta proposta que non conta co apoio veciñal, polo que lle solicita a Marea Atlántica que escoite a veciñanza e que explique o alcance da obra. E se é necesario que a reformule para contar co maior consenso e para que responda ao interese veciñal.

De feito, non é a primeira ocasión en que unha obra xera este rexeitamento, mesmo no mesmo barrio, tendo en conta que a veciñanza dos Mallos xa expresou as súas queixas polos traballos na rúa San Vicente, que supón un corte de tráfico de dous meses e que non contou co apoio veciñal.

Lamentamos que non se fagan apenas obras nos barrios e, peor aínda, que as poucas que se fan non conten co apoio da veciñanza, non conten co consenso necesario e non respondan, en ocasións, a unha necesidade real.

Por iso, desde o PSOE demandámoslle a Marea Atlántica que se someta a unha escoita real da veciñanza máis aló de campañas de márketing e que teña en conta as opinións da veciñanza antes de intervir nunha zona.

Desta maneira, pedimos que atenda a veciñanza dos Mallos, aclare o proxecto previsto na rúa Ramón Cabanillas e teña en conta a opinión e a proposta dos veciños e veciñas.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión