Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE preguntará no pleno polos plans de Marea Atlántica para urbanizar a Agra dos Mallos

O Grupo Municipal Socialista levará á próxima sesión plenaria preguntas orais sobre o desaloxamento da Comandancia de Obra e sobre o rexeitamento dos colexios ao programa Poténciate

O Grupo Municipal Socialista preguntaralle a Marea Atlántica no pleno do próximo día 5 de febreiro sobre os plans do Concello para urbanizar a Agra dos Mallos, unha zona situada entre o centro cívico dos Mallos e o polideportivo da Sardiñeira que está sen servizos básicos. Nunha recente visita, os socialistas comprometémonos coa veciñanza da zona para trasladarlle ao pleno esta situación e así o facemos coa finalidade de que se axilicen as xestións para intervir no barrio e mellorar este espazo.

Doutra banda, o PSOE tamén preguntará no pleno municipal polos plans que ten Marea Atlántica para desaloxar a Comandancia de Obras e desta maneira permitir desenvolver o proxecto para recuperar este edificio e dotar a cidade dun novo espazo multidisciplinar. Os socialistas entendemos que A Coruña non se pode permitir atrasar investimentos ou perdelos por non cumprir os seus compromisos con outras administracións.

A terceira pregunta oral do Grupo Socialista refírese á polémica xurdida arredor do programa educativo Poténciate, que o goberno local pretendeu implantar nos colexios públicos sen contar coa Xunta de Galicia nin coa comunidade educativa. Neste sentido, consideramos necesaria unha explicación de Marea Atlántica e que se dean os pasos necesarios para que os programas educativos se implanten desde o consenso e en resposta a necesidades reais.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión