Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE reclamará no pleno máis recursos para o Rexistro Municipal

O Grupo Socialistas, despois de escoitar as persoas traballadores, leva unha moción e preguntas escritas ao pleno do luns para esixir máis persoal estable e máis medios para este servizo. O primeiro luns de abril chegáronse a dispensar 600 números no Rexistro, que sofre saturación

O PSOE levará ao pleno do luns unha moción e unha batería de preguntas escritas co fin de reclamar investimentos para mellorar os recursos humanos e técnicos no Rexistro Municipal, un servizo saturado que en días puntuais chegou a dispensar 600 número de atención a persoas.

Despois de escoitar as persoas traballadoras, os socialistas entendemos que o goberno local debe tomar medidas para garantir un persoal adecuado en número e estable para garantir a calidade do servizo, a atención á cidadanía e a saúde das propias persoas traballadoras.

En repetidas ocasións o Grupo Municipal Socialista fíxose eco das queixas dos/das traballadores/as municipais que desenvolven a súa xornada laboral no Rexistro Municipal. En declaracións públicas e iniciativas plenarias, os socialistas denunciamos o recorte de dereitos, a sobrecarga de traballo, a redución de persoal e mesmo o peche de servizos en distintos centros municipais (Fórum Metropolitano e Ágora), algunhas delas adoptadas puntualmente polo goberno do Partido Popular e a maioría instauradas e implementadas polo goberno de Marea Atlántica. Medidas, todas elas que van contra a descentralización de servizos, contra o acceso da cidadanía á administración pública e contra a tan manida transparencia e participación cidadá. Son medidas que ademais, con consecuencias negativas para o funcionariado.

Por iso, a pesar do compromiso e do esforzo persoal e profesional dos traballadores e das traballadoras municipais, a atención ofrecida non sempre é a mellor nin nos tempos adecuados. Ademais, esta situación reiterada e non corrixida redunda negativamente na saúde do funcionariado municipal, que se enfronta a picos de traballo. Como exemplo sirva o pasado día 21 de marzo no que se expediron ata 536 números no dispensador de números de atención ao público e en momentos determinados había ata 73 persoas en cola esperando ser atendidas. Estas cifras foron superadas o 3 de abril, cando chegaron a 600 persoas atendidas.

As necesidades pasan por reforzar o persoal con persoal estable, pois lonxe de aumentar vaise reducindo por xubilacións, baixas e traslados.

Os socialistas, despois de escoitar as persoas traballadoras, unha vez máis consideramos necesario adoptar medidas que melloren as condicións laborais do funcionariado do Rexistro Municipal e que ao mesmo tempo permita mellorar a atención á cidadanía.

E por iso, o Grupo Municipal do PSOE na Coruña presenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate e co fin de que o Pleno da Corporación aprobe o seguinte acordo:

1 - Que se incrementen os fondos municipais destinados a ampliar o persoal do Rexistro Municipal, cun persoal estable que compense a redución motivada por xubilacións, traslados e baixas. Que os fondos municipais tamén redunden nos medios técnicos para axilizar e mellorar a atención ao público, adecuando os espazos de atención para garantir a confidencialidade da cidadanía.

2 - Que se recuperen os servizos de rexistro nos centros municipais do Fórum Metropolitano e Ágora coa dotación de medios e persoal necesaria co fin de prestar a mellor atención posible, achegar a administración á cidadanía e redistribuír a carga de traballo do Rexistro Municipal de María Pita.

3 - Acordar coas persoas traballadoras medidas urxentes e de choque para atallar a situación actual e para os meses de verán.

4 - Manter reunións de traballo periódicas coas persoas traballadoras do Rexistro Municipal e acordar con elas as medidas para adoptar para garantir o mellor servizo público e os dereitos laborais e de saúde dos e das traballadores/as.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión