Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE solicita por Rexistro a convocatoria urxente da Comisión de Urbanismo para fiscalizar a compra dunha oficina susceptible de converterse en vivenda

O portavoz socialista, José Manuel García, considera que as explicacións do goberno local deben darse no órgano municipal competente con presenza do secretario xeral para levantar acta

O Grupo Municipal Socialista solicitou hoxe por Rexistro a convocatoria urxente da Comisión de Urbanismo co obxectivo de fiscalizar o proceso de compra por parte do Concello dunha oficina, susceptible de converterse en vivenda, no número 10 da rúa Joaquín Martín Martínez.

Atendendo aos artigos 122.4 da Lei reguladora de bases do réxime local e 72.b do Regulamento orgánico municipal, que sinalan que as comisións municipais teñen entre outras encomendas a de fiscalizar a xestión do alcalde e do seu equipo de goberno, o Grupo Municipal Socialista considera oportuno que sexa na Comisión de Urbanismo onde se ofrezan as explicacións e se despexen dúbidas sobre o procedemento de compra deste inmoble.

Tal e como se expón no escrito presentado hoxe no Rexistro Municipal, coñecido o expediente e a través de informacións que foron difundidas con posterioridade á súa resolución, entendemos imprescindible que con carácter urxente o presidente da Comisión de Urbanismo, o concelleiro Xiao Varela, proceda a convocala e ofreza as explicacións pertinentes coa presenza do secretario xeral do Concello e redacte a acta do que alí se expoña.

Por iso, solicitamos a convocatoria urxente da Comisión de Urbanismo co fin de fiscalizar a adquisición desta oficina por parte do Concello no órgano municipal competente que debe ser coñecedor dos distintos pasos seguidos neste proceso.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión