Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE subliña na súa visita a Adcor a importancia das axudas municipais a entidades sociais para mellorar a calidade de vida das persoas

José Manuel García comproba o éxito do programa terapéutico con animais incorporado polos socialistas ao orzamento do 2017

O PSOE visitou hoxe a Fundación Adcor, nos Rosales, para comprobar in situ o bo desenvolvemento do programa que se incluíu nos orzamentos do 2017 por proposta dos socialistas, un programa terapéutico que se leva a cabo con animais para mellorar a calidade de vida das persoas discapacitadas. O portavoz, José Manuel García, destacou a importancia das subvencións municipais para apoiar de maneira sostida o Terceiro Sector que tanto fai polo progreso social da Coruña.

Acompañado do edil José Manuel Dapena, o portavoz socialista puxo este programa como exemplo para defender a relevancia dos convenios nominativos e as axudas a entidades, que unha vez máis o PSOE garantiu nos orzamentos do 2018, dando continuidade así ao programa de subvencións implementado ao longo do 2017.

É unha satisfacción comprobar como con diñeiro público se poden realizar accións extraordinarias no ámbito social, dando un paso máis na atención ás persoas que o necesitan. Neste caso trátase de facer terapia con cabalos e con cans para que persoas con discapacidade poidan desenvolverse, interactuar e mellorar as súas competencias vitais, explicou José Manuel García na súa visita ao centro.

O proxecto de Adcor, denominado "Xestión das emocións, relacións e sexualidades" de persoas con diversidade funcional (discapacidade intelectual), alcanza a 105 usuarios/as. Este programa desenvolveuse durante o 2017 a través de profesionais especializados, tanto en sesións grupais como individualizadas, como a través de terapias asistidas caninas e hipoterapia (terapias con cabalos), cunha axuda municipal de 24.000 euros. O mesmo programa terá continuidade no 2018 co mesmo importe.

Unha vez máis, o portavoz socialista subliñou a importancia de manter estas axudas ao Terceiro Sector de maneira sostida e sen sobresaltos, para garantir a acción social que realizan, preocupándose dunha maneira especial de mellorar a calidade de vida de moitos coruñeses, neste caso de persoas con discapacidades.

Nesta liña, José Manuel García avanzou a intención de dar apoio a Adcor en novos programas, como son os pisos tutelados e os talleres laborais, co fin de seguir traballando na atención e na integración.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión