Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Servizos ás persoas corredoras

O Medio Maratón Coruña21 ofreceralles unha serie de servizos a todas as persoas participantes para garantir a máxima satisfacción das e dos corredores antes, durante e despois da competición, que se disputará o próximo 16 de febreiro.

Incidencias no tráfico

Incidencias no tráfico pola realización do medio maratón C21 o vindeiro domingo 16 de febreiro:

  • Corte dos Cantóns - SAÍDA desde as 6.30 h- 14.30 h tramo praza de Mina - Ambrosio Feijoo
  • Corte dos Cantóns - ENTRADA desde 9.00 h-13.00 h desde a praza de Mina ata Paseo Parrote, desvíase o tráfico de saída pola praza do Emigrante - túnel do Parrote e de entrada da cidade pola praza de Mina - Juana de Vega

As rutas do transporte público polo corte dos Cantóns será:

  • Saída da cidade de 6.30 a 9.00 h, os buses circularán polo Paseo do Parrote - avda. Montoto - Ambrosio Feijoo - avda. do Porto.
  • Saída da cidade de 9.00 a 13.30 h os buses poden circular polo Paseo Marítimo - praza do Emigrante (Castelo de San Antón ) - Túnel do Parrote - Túnel da Mariña - avda. do Porto.
  • Entrada á cidade de 9.00 a 13.00 h, é dicir nesa franxa horaria os buses interurbanos NON poderán entrar ata Entrexardíns e darán a volta na praza da Palloza; os urbanos accederán por Castiñeiras - Linares Rivas - avda. do Porto.

Incidencias na AC-10, AC-11 e AC-12 , túnel de Eiris, Alfonso Molina e avda. da Pasaxe, de 7.30 a 12.30 h, consistente en:

  • AC-10, o tráfico de acceso ao porto que sae do túnel obrígaselle a baixar á glorieta de Casabranca.
  • AC-11, mantense a conexión Alfonso Molina - avda. do Porto poñendo un carril para cada sentido de circulación desde o viaduto ata a Delegación do Goberno (como en ocasións anteriores).
  • AC-12, avda. da Pasaxe, córtese o tráfico de entrada desde o CHUAC e desvíase cara á ligazón de Casabranca, mantense unha permeabilidade para acceso ao porto.

Corte do percorrido do circuíto de 9.30 a 13.30 h, xéranse os seguintes desvíos:

  • Córtase o Paseo Marítimo desde o Castelo de San Antón ata a altura do cemiterio de Santo Amaro, impídese o acceso desde a glorieta de Durmideiras e Veramar.
  • Mantéñense todos os movementos de tráfico no tritúnel. Destácase a conexión de saída por Metrosidero - Julio Portela Ceballos (Hípica) - Paseo Marítimo - praza do Emigrante (Castelo de Santo Antón ) - túnel do Parrote, itinerario que usará obrigatoriamente o transporte público.
  • Córtase a rúa Santa Catalina e desvíase o tráfico de Durán Loriga pola devandita rúa cara a Santo André.
  • Habilítase un carril en Linares Rivas, pegado ás casas para permitir a saída dos garaxes.
  • Mantense un carril desde a Costa da Palloza cara a Ramón y Cajal. Respéctase o acceso á Casa do Mar, que usará o transporte interurbano.
  • Córtase o viario do porto entre a Casa do Mar e Oza. Permítese só a entrada e saída ao porto en ambas as glorietas.

Outras incidencias:

Suprímese o estacionamento:

  • Paseo Marítimo desde Veramar ata a praza do Emigrante
  • Praza do Emigrante 
  • Avda. da Pasaxe, desde Casa do Mar ata a glorieta coa Rolda de Outeiro
  • Estrada de acceso ao porto desde a Casa do Mar
  • Desprázase a parada de taxis dos Cantóns ao Cantón Pequeno de 6.30 a 9.30 h e a Santa Catalina de 9.30 a 14.30 h.
  • Aparcadoiro dos Cantóns, respéctase o acceso desde Linares Rivas e a saída por Ambrosio Feijoo.

Adestramentos

O Club Hércules Termaria, en colaboración co Servizo de Deportes do Concello da Coruña, programou durante as próximos semanas unhas datas de adestramentos dirixidos a aquelas persoas corredoras que están a preparar a C21 e queiran gozar dunha adestramento nesta distancia. Todos estes adestramentos realizaranse en domingo cunha persoa monitora/adestradora e entregraráselle a cada asistente un programa de como preparar a carreira.

XII Medio Maratón Coruña21 - 16 de febreiro, distancia: 21,097 metros

As datas destes adestramentos son as seguintes:

  • Domingo 19 de xaneiro: adestramento C21 ás 11.00 horas
  • Domingo 26 de xaneiro: adestramento C21 ás 11:00 horas
  • Domingo 2 de febreiro: adestramento C21 ás 11.00 horas
  • Domingo 9 de febreiro: adestramento C21 ás 11.00 horas

A quen están dirixidos os adestramentos?

Para aqueles socios e socias do Club Hércules Termaria que están a preparar a C21 e para aquelas persoas corredoras que queiran gozar dun adestramento nesta distancia ou participar en diferentes distancias.

Quen pode participar?

Calquera persoa que sexa socia ou non de Termaría e/ou membro do Club Hércules. Aquelas persoas que non sexan socias non poderán acceder á instalación para cambiarse/ducharse, pero si que poderán dispoñer do servizo de ludoteca para as/os peques durante o tempo de adestramento.

Recepción das/os participantes:

Verémonos na recepción de Sport de Termaria Casa da Auga. As persoas que participan deberán estar cambiadas e co material necesario para o desenvolvemento da actividade.

Novidades 2020:

Este ano poñémoscho fácil. Facilitámosche a conciliación familiar, de maneira que durante o teu adestramento non te terás que preocupar das/os peques da casa. Facilitámosche un servizo de ludoteca con monitor na zona de Sport de Termaria durante o tempo que dura o adestramento.

Normas técnicas, regulamento:

  • Será obrigatorio o material deportivo, zapatillas e roupa deportiva.
  • A proba desenvólvese co fin de adestramento e goce dela.
  • Xa que a actividade require esforzo físico deberase vir descansado e hidratado.
  • Deberanse respectar as normas e as demais persoas compañeiras que asistan á actividade.
  • Calquera lesión ou circunstancia deberá ser comunicada.
  • O abandono da proba deberá ser comunicado.
  • Aquelas persoas participantes que soamente queiran realizar distancias menores poderán participar nos adestramentos comunicándollo á/ao técnica/o da actividade.
  • Agárdache algunha sorpresa ao final do adestramento.

Inscribirse en:

Adestramentos C21 2020

Ademais, posteriormente á realización do medio maratón, poñeremos á túa disposición unha serie de adestramentos para a preparación de novos retos como poden ser as carreiras do Circuíto Coruña Corre ou o 26 de abril da XIV Carreira Popular C10 e o 4 de outubro o IX Maratón Atlántica Coruña42.

Agardámoste! Non importa o teu nivel. Connosco conseguiralo!

Podes consultar máis información en:

Club Hércules Termaria

Entrega de dorsais

Poderanse recoller no Departamento de Deportes do Corte Inglés situado no Centro Comercial Marineda City nos seguintes días e horarios:

  • Venres 14 de febreiro de 2020, de 17.00 a 22.00 horas
  • Sábado 15 de febreiro de 2020, de 10.00 a 21.30 horas.

De maneira extraordinaria, facilitarase a recollida dos dorsais o mesmo día da carreira, domingo 16 de febreiro, na zona saída/meta situada no Cantón Grande, á altura do Obelisco no seguinte horario:

Domingo 16 de febreiro de 2020: 08:45 a 09:45 horas

Rógase ás persoas participantes que procuren, na medida do posible, recoller previamente o dorsal para evitar aglomeracións.

A camiseta recollerase conxuntamente co dorsal e por estrita orde de chegada, ata finalizar a existencia da talla. A organización non pode garantir a talla debido a que o pedido de camisetas realízase con anterioridade ao peche de inscricións.

Os dorsais contarán cun código QR a través do cal os corredores finisher poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea, a través deste dispositivo.

Cada un deses caixóns identificarase cunha cor de dorsal distintivo, cuxo orde pode consultar no documento adxunto ao pé da táboa.

Caixóns de saída

Caixóns de saída

Haberá cinco caixóns de saída diferentes, en función dos tempos e buscando garantir que non se produzan aglomeracións no comezo da proba.

Cada un deses caixóns identificarase cunha cor de dorsal distintiva, cuxa orde se pode ver na táboa.

Pedímoslles responsabilidade ás e aos atletas á hora de situarse neles para podermos gozar todos o día da carreira.

Caixón 1 - Verde

  • Igual ou < 34 min en 10 km
  • Igual ou < 1 h 20 min no medio maratón

Caixón 2 - Vermello

  • Entre 34:01 e 36 min en 10 km
  • Entre 1h 20:01 e 1 h 25 min no medio maratón

Caixón 3 - Amarelo

  • Entre 36:01 e 38 min en 10 km
  • Entre 1h 25:01 e 1 h 30 min no medio maratón

Caixón 4 - Azul

  • Entre 38:01 min e 45 min en 10 km
  • Entre 1h 30:01 e 1 h 40 min no medio maratón

Cajon 5 - Morado

  • Tempos superiores a 45:01 en 10 km e 1 h 40:01 no medio maratón
  • Sen marcas oficiais acreditadas en 10 K ou medio maratón

As persoas participantes deberanse colocar na zona acoutada que lles corresponda na saída, segundo o dorsal que se lles asignase. Deberán estar nos seus postos 10 minutos antes do disparo oficial de saída.

Orde de caixóns por cores (49 KB)

Avituallamento

Seguindo as normas da IAFF, instalaranse postos de auga a partir do quilómetro 5 e aproximadamente cada 5 quilómetros. Haberá postos de avituallamento sólido no quilómetro 10 e 15 aproximadamente.

Toda persoa participante que desexe utilizar un avituallamento propio deberallo entregar á organización ata unha hora antes da saída, debidamente cerrado e marcado co seu número de dorsal e punto quilométrico no que o quere atopar.

No caso de que a persoa participante queira que o seu avituallamento persoal lle sexa entregado na man, é a súa responsabilidade designar e situar unha persoa especificamente para esta función. A dita persoa deberá estar acreditada pola organización.

Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supoñer a descualificación da carreira da persoa infractora.

Así mesmo, poñeranse a disposición colectores suficientes para a recollida selectiva de residuos e que son de uso obrigatorio, polo tanto que non os utilicen as/os atletas poderá supoñer a súa descualificación.

Cantón Pequeno en dirección á praza de Mina

PUNTO 1

Km. 9,515

Está activo no segundo paso de carreira por ese punto.

Auga + isotónica + froita

Avda. do Exército en dirección á praza da Palloza á altura da praza de Tabacos

PUNTO 2

Km. 5,255

(primeira volta)

Está activo nos dous pasos de carreira por ese punto.

Auga

Km. 14,555 (segunda volta)

Auga + isotónica + froita

Paseo Marítimo en dirección á rotonda de Ánimas en dirección ao Paseo de Ánimas á altura da S.D. Hípica

PUNTO 3

Km. 19,235

Está activo no segundo paso por ese punto.

Auga

Tempo de chegada e lebres

O peche da proba realizarase ás 12:30, 2 horas e 30 minutos despois da súa saída. Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo 10 km.

Unha vez que pase o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, como á distancia total, a/o participante que siga en carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición.

Para esta C21 haberá 2 lebres femininas e 6 lebres masculinas que irán identificadas con globo e camiseta e terán os seguintes ritmos:

Lebres femininas

  • Uxía García Díaz 1h 40
  • Victoria Eugenia López Permuy 1h 55

Lebres masculinas

  • Alberto Moris Vieites 1h 20
  • Esteban Díaz Pérez 1h 20
  • Juan Carlos Gómez Edreira 1h 40
  • Miguel Angel Acosta Alcoba 1h 40
  • Marcial Canitrot Otero 1h 50
  • Brandan Valbuena García 2h 00

Roupeiro

Habilitarase un servizo de roupeiro que estará dispoñible para todas as persoas corredoras nunha carpa situada nunha zona próxima á zona de saída, no Obelisco desde as 08.30 ata as 09.30 e desde as 11.15 ata as 13.00 horas o día da carreira.

Servizos W.C. portátiles

Os atletas terán á súa disposición baños portátiles situados na saída e na zona do Porto de Oza e Paseo Marítimo do trazado de Coruña21

Colectores

Os atletas terán á súa disposición baños portátiles situados na saída e na zona do Porto de Oza e Paseo Marítimo do trazado de Coruña21

Duchas

Establecerase un servizo de duchas nas instalacións da Cidade Deportiva de Riazor, ao que as e os atletas poderán acceder co seu dorsal, en horario de 11.00 a 14:00 horas. Dividiranse do seguinte modo:

  • Vestiarios femininos: Palacio dos Deportes de Riazor
  • Vestiarios masculinos: Frontón da Cidade Deportiva de Riazor

Se se necesitasen por calquera motivo ou se o número de solicitudes fose moi elevado habilitaranse de maneira extraordinaria os vestiarios da Piscina Municipal de Riazor.

Servizos na meta

  • Medalla Finisher: recibirás a medalla cando pases a liña de meta.
  • Servizo de fisioterapia: coa colaboración da DeporClínica, estará dispoñible nunha carpa situada no Cantón Grande, na zona de meta.
  • Dorsal-semente: non tires ao lixo o teu dorsal, está fabricado con papel que contén sementes para plantar. Lembra retirar antes o chip e deposítao no colector amarelo. Planta o teu dorsal, régao e dálle vida ao planeta.

Entrega de premios

A entrega de trofeos realizarase na zona do Obelisco ás 12.45 h.

Haberá trofeo para as tres primeiras persoas gañadoras absolutas, as tres primeiras persoas de nacionalidade española, as tres primeiras persoas galegas e un premio especial para o/a primeiro/a coruñés/a. Ademais, entregaráselles trofeo ás tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría.

As persoas premiadas deberanse situar na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías.

Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas premiadas. Non se lle entregará o premio a ninguén que non sexa a propia persoa participante.

Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada da súa ausencia no momento da entrega deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.

O cobro dos premios en metálico realizarase posteriormente a contactar coa Federación Galega de Atletismo enviando un correo electrónico a: secretaria@atletismo.gal a partir do luns posterior á carreira.

Vídeo de chegada

Os atletas ao consultar os seus resultados poderán acceder á gravación en vídeo da súa chegada a meta en www.carreirasgalegas.com.

Clasificación e diplomas

As clasificacións colocarase nos taboleiros informativos na zona de meta. Así mesmo todas as persoas participantes poderán consultar as clasificacións en  www.carreirasgalegas.com

Unha vez que se publicasen os resultados de Coruña21 na web www.coruna.gal/carreraspopulares, durante os seguintes días, as/os atletas poderán acceder para descargar o diploma personalizado co seu nome e o tempo realizado.

Ademais, todas/os as/os corredoras/es finisher poderán visualizar a súa entrada en meta a través dos resultados publicados en www.carreirasgalegas.com

Responsabilidade

A organización non se fai responsable dos danos que puidesen causar ou causarse as persoas participantes por imprudencias ou descoidos delas mesmas.

O/a participante declara, baixo a súa responsabilidade, que se realiza o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime á organización da devandita responsabilidade.

A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá os incidentes inherentes á proba.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión