Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de outubro de 2015

O IV Coruña Corre incluirá unha proba no barrio de Matogrande

A nova edición do Circuíto Coruña Corre comezará o 29 de novembro en Os Rosales

O novo regulamento das probas municipais presentarase o día 18 na gala de clausura da tempada 2014-2015

A Concellería de Deportes sinala o 29 de novembro como o inicio da nova tempada do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre. A iniciativa, que recolle baixo un mesmo paraugas as carreiras que teñen lugar na cidade, contará nesta cuarta edición con novidades no seu regulamento e unha reformulación da súa estrutura, incluíndo novas carreiras como a de Matogrande. A primeira proba, que sinalará o inicio da tempada, será a IV Carreira Popular Os Rosales e dará paso o día 13 de decembro á celebración da carreira de Novo Mesoiro.

O inicio chegará once días despois da gala de clausura da anterior edición. No evento, que terá lugar o mércores 18 ás 19.00 horas no centro Ágora, entregaranse os trofeos correspondentes ás distintas categorías e presentarase o novo texto que regulará a competición deportiva. O regulamento, froito da colaboración entre o Servizo Municipal de Deportes, a Federación Galega de Atletismo e clubs da cidade, ten en conta a opinión das e dos participantes do III Coruña Corre e completarase nos vindeiros días coas achegas das asociacións veciñais, que terán maior protagonismo nesta edición. Precisamente a V Carreira Popular de Novo Mesoiro celebrarase o 13 de decembro, en lugar do día 2 de novembro, tras acordar a nova data a Concellería e representantes da asociación veciñal coa finalidade de realizar a proba seguindo a nova normativa.

Entre as novidades que presentará o circuíto atópase unha nova proba que percorrerá o barrio de Matogrande o vindeiro 9 de xaneiro, e apoio ás carreiras de corte solidario como a Carreira contra o cancro de maio. Cada mes as veciñas e veciños poderán percorrer as rúas da cidade en distintos espazos da mesma e participar da competición. Deste xeito, o 7 de febreiro celebrarase o medio maratón Coruña21, o 26 de marzo a sexta edición da popular da Torre de Hércules e o 17do mes de abril Coruña42. A baixada de San Pedro de Visma volverá o 26 de xuño, a volta popular de Oza o 31 xullo e a cuarta carreira do Ventorillo será o 4 de setembro. A décima Coruña10 pechará a tempada o 9 outubro de 2016.

Nos vindeiros días anunciarase a apertura do prazo de inscrición para participar no Circuíto. Toda a información estará dispoñible na páxina web www.coruna.es/carreiraspopulares.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión