Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de febreiro de 2023

O tres primeiros clasificados masculinos superaron o récord do circuíto

Hicham Sigueni e Nancy Jepleting impuxéronse nunha veloz e multitudinaria carreira C21

Gran ambiente coa suma do medio maratón e a 5K, que congregaron a case 3.000 deportistas

Case 3.000 persoas participaron este domingo no medio maratón C21 e na 5K. O marroquí Hicham Sigueni e a kenyana Nancy Jepleting impuxéronse nesta proba e finalizaron o percorrido con grandes marcas, chegando a bater o récord masculino do circuíto.

Na categoría masculina, os tres atletas que subiron ao podio superaron a marca máis rápida das 15 edicións da C21, que tiña Hosea Kiplimo desde o 2020 con 1.02:30 horas. O podio estivo encabezado por Hicham Sigueni, que parou o crono en 1.01:40. Seguíronlle, en segunda e terceira posicións os kenyanos Edwin Kipruto e Peter Kariuki, respectivamente.

Na categoría feminina cumplíronse os prognósticos e a sub23 Nancy Jepleting gañou a proba cun tempo de 1.12:17, moi próximo ao récord do circuíto. Acompañárona no podio a lucense María Jesús Conde e a ponteareá Sonia Abad. O primeiro tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, foi o encargado de entregar os premios aos gañadores. O concelleiro destacou o importante traballo levado a cabo polo Goberno de Inés Rey para fomentar o deporte entre todos os grupos de idades e ofrecer espazos para correr ao aire libre.

5K

Por outra banda, este ano a C21 estivo acompañada dunha novidosa carreira 5K que serviu de prólogo do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que comezará no próximo mes de marzo. Víctor Alonso, Yago Ignacio García e Adrián Blanco foron os primeiros clasificados da categoría masculina, mentres que Irati Lorza, Sara Pita e Penélope Martínez foron as mellores na categoría feminina.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión