Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de maio de 2023

X Carreira Popular Os Rosales, as nosas rúas Circuíto por un día

O domingo 21 de maio realizarase a terceira proba de Coruña Corre, que afectará principalmente ao tramo final da rúa Manuel Azaña, onde estará situada a zona de saída e meta.

A décima edición da Carreira Popular Os Rosales, que forma parte do Circuíto Coruña Corre e que se realizará o vindeiro domingo, 21 de maio, conta cun dispositivo especial de tráfico para garantir a seguridade de participantes e persoas condutoras.

Principalmente, cortarase o tráfico entre as 07:00 horas e as 14:00 horas no tramo final da rúa Manuel Azaña, no tramo que dá acceso á Praza Elíptica, onde estarán situadas a saída e a meta da proba. Nesa zona estará prohibido o estacionamento desde a medianoite do sábado 20 ao domingo 21 de maio.

Ademáis, realizaranse cortes e desvíos de tráfico na mañá do domingo, polo que se recomenda reducir ao máximo os desprazamentos en vehículo durante a realización das carreiras nesa zona da cidade.

Os/as veciños/as dos Rosales terán acceso e saída da zona, aínda que con cortes breves. Recoméndaselles ás persoas residentes na contorna da Praza Elíptica que saian do barrio pola Estrada dos Fortes.

Entre as 09.30 e as 11.00 horas pecharase ao tráfico o circuíto, que se irá abrindo ao paso da carreira. Así, o tramo da rolda de Outeiro entre a avenida de Labañou e o Paseo Marítimo, por onde discorre a proba absoluta, quedará aberto, previsiblemente, ás 10:15 horas e o Paseo Marítimo, no tramo comprendido entre Labañou e O Portiño, abrirase cara ás 10:45 horas aproximadamente.

Desde as 11:0 horas ás 13:00 horas cortarase Manuel Azaña desde as rúas Rodríguez Castelao e Suárez Ferrín.

Ás persoas usuarias dos garaxes da rúa Alcalde Suárez Ferrín pídeselles que eviten saír cos seus vehículos deses estacionamentos o domingo entre as 9:30 e as 13:00 horas.

A organización agradece a colaboración e comprensión de toda a veciñanza con estes horarios de alteración do tráfico e do estacionamento, necesarios para o bo desenvolvemento desde importante evento deportivo no barrio, encadrado no Circuíto Municipal de Carreiras Populares Coruña Corre

Calquera outra dúbida ou aclaración pode dirixila aos números de teléfono 010 ou 092.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión