Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xuño de 2023

Tras Matogrande, a vindeira proba prevista na programación do circuíto é a XI Carreira Popular da Volta a Oza, que terá lugar a mediados de setembro

Aberto o prazo de inscrición na VII Carreira Popular de Matogrande, que terá lugar o vindeiro domingo 25 de xuño

As persoas interesadas en formar parte da proba poderán formalizar a súa participación ata as 23.59 horas deste domingo 18, a través da páxina web do circuíto Coruña Corre

O circuíto de carreiras populares CoruñaCorre xa quece motores de cara á celebración da cuarta proba desta edición, a VII Carreira Popular de Matogrande, que terá lugar o vindeiro domingo 25 de xuño.

Xa está aberto o prazo de inscrición para tomar parte na carreira. Ata as 23.59 horas deste domingo 18, as persoas interesadas poderán formalizar a súa participación na ficha específica habilitada na páxina web do circuíto Coruña Corre, dispoñible a través desta ligazón. O custo da inscrición na proba absoluta é de 3 euros, e será gratuíto no caso das competicións para menores, desde a categoría sub-18 á de 'peques'.

O trazado da carreira popular de Matogrande, cun percorrido total de 7.140 metros, terá o seu punto de inicio na rúa Sebastián Martínez Risco, na contorna do colexio Liceo La Paz. A proba en categoría absoluta comezará ás 10.00 horas e, tras a súa disputa, abrirase a quenda para as competicións para menores. Á conclusión das mesmas, levarase a cabo a entrega de medallas no palco que estará habilitado nas instalacións do Liceo La Paz.

Onde e cando recoller os dorsais

Os dorsais entregaranse no colexio Liceo La Paz o mesmo día da carreira (domingo 25 de xuño), desde as 09.00 horas ata antes da saída de cada unha das probas. Desta forma, os participantes na categoría 'peques' tamén poderán recoller as súas pulseiras identificativas ata os intres previos ao comezo da súa carreira.

O acceso ao colexio Liceo La Paz, para a recollida dos dorsais, habilitarase na rúa Sebastián Martínez Risco.

Datas do circuíto Coruña Corre

Co desenvolvemento da carreira popular de Matogrande, o circuíto Coruña Corre chega ao ecuador da programación de datas para esta edición.

Tras a proba do vindeiro 25 de xuño, o circuíto volverá ás rúas da cidade coa XI Carreira Popular da Volta a Oza, que terá lugar o 10 de setembro. Estas son as vindeiras datas previstas:

  • VII Carreira Popular de Matogrande: 25 de xuño.
  • XI Carreira Popular da Volta a Oza: 10 de setembro.
  • VIII Carreira Popular do Ventorrillo: 22 de outubro.
  • XI Carreira Popular de Novo Mesoiro: 26 de novembro.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión