Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de febrero de 2023

Coruña21 vístese de verde e a 5K, de negro

'Corre co Atlántico aos teus pés' e 'A cidade dáche a benvida. Os barrios marcan o camiño' son, respectivamente, os lemas da C21 e a proba de 5.000 metros que discorrerá en paralelo o 12 de febreiro

Coruña21 vístese para o 12 de febreiro. As persoas que participaran á décimo quinta edición do medio maratón tinguirán de verde, co estampado en negro, o asfalto herculino a próxima semana, aínda que non será a única cor nas rúas da cidade ese día. 

O lema 'Corre co Atlántico aos teus pés' loce en pequeno no frontal da camiseta, xunto ao logo da carreira e a data, e vai en grande na parte posterior, onde tamén se pode ver o logo, a data, os organizadores (o Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo) e os colaboradores: O Corte Inglés, Coca-Cola, Powerade, Sanbrandan e Vegalsa. 

Para a 5K invírtense as cores, o verde pasa ao negro na cor da camiseta e o negro pasará a verde no estampado. No anverso faise referencia tamén á C21 e o slogan 'Corre co Atlántico aos teus pés', mentres que no reverso incorpórase o lema da carreira de 5.000 metros: 'A cidade dáche a benvida. Os barrios marcan o camiño'. E é que esta carreira incorpórase ás populares da Coruña como anticipo de Coruña Corre. Quen se apunte a esta proba beneficiarase dun desconto do 50 por cento na inscrición ao circuíto de carreiras populares.

Para as probas de menores, cuxa inscrición é gratuíta, o modelo será igual ao da 5K pero verde estampada en negro. 

Coruña21 ponse de moda e aínda podes inscribirte a esta carreira e a 5K.

Botones sociales

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión