Convocatoria específica de axudas en réxime de concorrencia competitiva de bolsas deportivas para deportistas individuais do concello da Coruña.
O Concello da Coruña, dentro das súas competencias de promoción do Deporte, e consciente das dificultades que teñen moitos deportistas individuais para poder levar a cabo os seus adestramentos e competicións polo elevado custo que supoñen os desprazamentos, licenzas federativas, equipamentos etc, considera necesario aprobar unha liña de axudas a deportistas individuais que teñan o carácter de bolsas. En concreto, estas bolsas convócanse para deportistas individuais coruñeses e coruñesas, como medio de apoiar e promover o deporte coruñés e, deste xeito, conseguir logros deportivos para a cidade da Coruña. Coas devanditas bolsas preténdese apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e a obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como facilitando a súa participación en competicións deportivas de alto nivel.
Tamén che pode interesar
Trámites relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible