Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bolsas deportivas para deportistas individuais 2020

Convocatoria específica de axudas en réxime de concorrencia competitiva de bolsas deportivas para deportistas individuais do concello da Coruña.

Tipos de bolsas deportivas:

  1. Bolsas destinadas a participar nos próximos Xogos Olímpicos: 2 bolsas por un importe de 5.000 euros cada unha.
  2. Bolsas destinadas a participar nos próximos Xogos Paraolímpicos: 2 bolsas por un importe de 5.000 euros cada unha.
  3. Bolsas destinadas a participar en Campionatos do Mundo: 4 bolsas cun importe de 3.500,00 euros cada unha.
  4. Bolsas destinadas a participar en Campionatos de Europa: 4 bolsas cun importe de 2.500,00 euros cada unha.
  5. Bolsas destinadas a participar en Campionatos de España: 8 bolsas cun importe de 1.500,00 euros cada unha.
  6. Bolsas destinadas a participar en Campionatos Autonómicos: 8 bolsas cun importe de 500,00 euros cada unha.

Cada deportista poderá presentar unha única solicitude de bolsa, de acordo co establecido na Base 6.1, indicando de modo claro o tipo de bolsa e a modalidade deportiva para a que solicita dita axuda. Por tanto, só poderá solicitarse e concederse unha única bolsa por persoa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión