O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan as veciñas e os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel. Todas as persoas que vivan en España están obrigadas a inscribírense no Padrón do municipio no que residan habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante máis tempo ao ano.
Mediante o certificado de empadroamento constátase a inscrición no Padrón municipal de habitantes do concello. É o documento que acredita fidedignamente o feito do empadroamento.
Tamén che pode interesar
Trámites relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible