Concello da Coruña

Concello da Coruña

4.000-2.000 a.C - Conxunto de túmulos funerarios no Monte das Arcas

Os monumentos máis antigos dos arredores, situados na meseta adxacente a Elviña, foron construídos en época neolítica. Serviron de referencia física para os límites territoriais ao longo do tempo.

Idade do Ferro

Séculos IV-III a.C. Fase 1. Evidencias dunha primeira ocupación na croa do castro.

O castro foi habitado co anterioridade aos contactos con Roma. Atopáronse cerámicas púnicas que indican que existiu comercio co Mediterráneo. Construíronse vivendas con materiais perecedoiros que foron derrubadas nas seguintes reformas.

Séculos II-I a.C. Fase 2. Ocupación da croa e construción doutras estruturas.

Consolídase o espazo habitado na croa ao construírense edificacións pétreas. Aumentan os contactos co mundo mediterráneo.

61 a.C. Chegada de Xulio César a Brigantium.

Procedente de Gades, César penetra no noroeste co obxectivo de obter o botín que necesitaba para pagar débedas contraídas en Roma.

Cambio de Era

29-19 a.C. Guerras Cántabras

Cambio de era. Estrabón refírese á terra dos ártabros e ás Kassitérides na súa 'Xeografía'.

Cambio de era - século I d.C. Fase 3. Etapa de expansión coincidente coa romanización

O castro amplíase e reconstrúese, e queda configurado practicamente como o vemos hoxe en día. Brigantium afírmase como porto da navegación de escala. 

Século I. Mela e Plinio refírense aos ártabros como pobo celta

Finais do século I. O arquitecto de Conimbriga, Gaius Sevius Lupus, constrúe a Torre de Hércules.

Obra da enxeñaría romana de navegación marítima para guiar os barcos na súa chegada ao porto de Brigantium.

Século II. Ptolomeo menciona expresamente a Brigantium na súa ‘Xeografía’

Século II. Fase 4. Redución das zonas de uso e fase de abandono

O castro sofre unha etapa de retroceso parella á doutros castros do noroeste. As partes habitadas móvense a zonas baixas abertas.

Finais do século II - século VII. Diversas fontes clásicas fan referencia a Brigantium.

Séculos III-VI. Fase 5. Actividade no castro en época tardorromana. Casa da exedra e enterramentos.

Reocupación parcial en época serodia, vencellada a situacións de inseguridade causadas posiblemente polas incursións dos pobos xermanos trala caída do Imperio.

846. Desembarco dos normandos no Faro de Brigantium

991. O rei Bermudo revalida a doazón do faro, a cidade e os casais do termo á Igrexa compostelá. A doazón primixenia fora feita por San Rosendo.

Século XII. Construción da igrexa de San Vicente de Elviña.

1208. Alfonso IX crea unha poboación no lugar chamado Crunia.

Séculos XIV-XV. Aforos de terras en San Vicente de Elviña por parte das monxas de Santa María de Belvís de Compostela.

1446. A vila da Coruña recibe o título de cidade no reinado de Xoán II.

Aprobación do libre comercio con Inglaterra e outros privilexios.

1589. Drake asalta a cidade. Os veciños guiados por María Pita deféndena e fan que as tropas inglesas se retiren.

Estudantes da universidade compostelá loitaron no Monte das Arcas e impediron a entrada do inimigo ao interior.

1607. Visita do cardeal Jerónimo del Hoyo á parroquia de Elviña.

Sinálase que a ela acoden o gobernador e oidores a "desenfadarse e entreterse".

1702. Recepción en San Vicente de Elviña da orde de levas para a guerra en Flandes.

1752. Respostas ao Catastro de Ensenada en Elviña.

Recolle 128 colmeas na parroquia e os oficios de estanqueiro e xastre coma os únicos que non están relacionados co traballo agrícola.

1764. Carlos III autoriza a cidade da Coruña a comerciar con América.

Ademais da cidade herculina, o regulamento incluía a Cádiz, Sevilla, Málaga, Alacante, Barcelona, Cartaxena, Santander e Xixón.

1777. A comunidade dominica constrúe unha quinta de recreo para os frades en Elviña.

Finais do século XVII - inicios do século XVIII. Construción do cruceiro da igrexa parroquial de Elviña.

Século XVIII. Existían oito muíños na parroquia.

Construción do hórreo de pedra da casa do cura de Elviña, terceiro de Galicia polo seu tamaño

Séculos XVIII-XIX. As mulleres de Elviña traballan como lavandeiras e como operarias en diversas fábricas da cidade herculina.

1807. O tratado de Fontainebleau permítelle ao exército francés a entrada en España camiño da conquista de Portugal.

1809. Batalla de Elviña durante a Guerra da Independencia.

Batalla entre os exércitos británico e francés.

1816. Construción da Fonte de Elviña

Construción da Fonte de Elviña, na que antigamente tiña lugar un ritual relacionado coa protección e fecundidade da terra.

1845. Pascual Madoz sinala a existencia de tres teares caseiros na parroquia de Elviña

Pascual Madoz sinala a existencia de tres teares caseiros na parroquia de Elviña e apunta que o cultivo do liño foi desaparecendo a partir de 1810.

Século XIX. Elviña convértese en zona de lecer da cidadanía coruñesa coa construción de quintas, tendas, escolas, lavandaría e outros edificios.

Pascual Madoz sinala a existencia de tres teares caseiros na parroquia de Elviña e apunta que o cultivo do liño foi desaparecendo a partir de 1810.

1937. Logo do golpe de estado a Garda Civil asasina en Elviña a José Rosende Calvo.

 Rosende era fillo de Josefa Calvo Cortés, enlace da Federación Anarquista Ibérica.

1940. Churchill pronuncia a frase “Campo de batalla de Elviña, o que foi resolto aquí”, referíndose á retirada das tropas inglesas de Dunkerque.

1947. Inicio das escavacións a cargo de Monteagudo.

Comeza a recuperación da memoria do castro coa localización da Casa da exedra.

1948-1953. Fase de escavacións dirixidas por José María Luengo.

Exhumación do denominado templo fálico, alxibe e tesouro do castro de Elviña.

1957 Restauración de estruturas co motivo do III Congreso Nacional de Arqueoloxía de Campo, que finalmente non chegou a celebrarse.

1962. O castro de Elviña é declarado Monumento Histórico Nacional

1967. Instalación da torre eléctrica de alta tensión no cumio do castro

1979-1985. Intervencións no castro promovidas polo Concello da Coruña cun plan específico.

Actuación en novos sectores e revisión dos métodos e interpretacións de fases anteriores.

1989. Fundación da Universidade da Coruña coa construción do campus de Elviña.

1998. O castro de Elviña é declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

1998-2000. Elaboración do Plan Director do Castro de Elviña.

Estudos integrais sobre aspectos diversos co fin de programar o futuro do castro.

2002-2015. Actuacións promovidas polo concello enfocadas á conservación, recuperación e difusión do castro.

Un plan de conxunto para a reversión do castro á sociedade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán unha capacide máxima de 10 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do 

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión