Fusaiolas (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)
Fusaiolas
Testemuños do tecido
Dos restos materiais que conforman o rexistro arqueolóxico e que se conservaron ata os nosos días, os restos orgánicos son a excepción. A acidez dos chans, así como a exposición aos axentes naturais, provocan a súa deterioración e desaparición de maneira case xeralizada, agás en contextos con características moi concretas que permiten a súa conservación, como poden son os estratos húmidos con ausencia de osíxeno ou con abundante presenza de elementos calcáreos.
Con todo, o rexistro arqueolóxico tamén permite inferir o uso de obxectos feitos con material orgánico. Este é o caso das fusaiolas e de pesos de tear (tamén coñecidos como pondus), testemuño material da produción de tecidos. As fusaiolas formaban parte das varas cilíndricas, presentando un dos extremos "fuselado", é dicir, adaptado á forma do fuso. As fusaiolas adoitaban ser fabricados en madeira, máis tamén se documentaron pezas en óso ou mesmo en bronce.
A fusaiola unha vez introducida no extremo do fuso, facilitaba as tarefas de enrolado e desenrolado do fío, mantendo o equilibro no xiro e aumentando a tensión e a uniformidade.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible