Concello da Coruña

Concello da Coruña

Economía

A base da subsistencia

A economía das sociedades prehistóricas distaba moito de asemellarse á nosa. No caso da Idade do Hierro, non existe un verdadeiro mercado común, non se intercambiaban produtos ou servizos por un salario nin tampouco existía un sistema de valores fundamentado na moeda. Neste sentido, a maior parte dos traballos especializados estábano en termos técnicos, non produtivos. É dicir, a ourivaría ou a metalurgia eran responsabilidade de individuos ou colectivos específicos, que conservaban o coñecemento polo seu valor simbólico e cultural, pero que dependían tamén doutras tarefas e actividades para garantir a súa subsistencia. Outras tarefas, como a olería ou o tecido, parecen ser, con carácter xeral, actividades de carácter doméstico, realizado por cada familia para o autoabastecimiento ou o intercambio.

Neste sentido, a principal actividade que sustentaba un poboado era a propia agricultura e gandería, pois os asentamentos debían de ter capacidade para ser autosuficientes. A pesar de que non coñecemos en detalle as características do uso da terra, é bastante probable que non existise unha estratexia de repartición fundamentada nunha propiedade privada, ou non baixo os criterios que agora consideramos. As familias traballarían a terra sobre a que cada comunidade exercese soberanía, garantindo a súa propia subsistencia e, quizais, entregando parte do obtido ao poboado ou a unha entidade de maior poder. Todo parece indicar que as terrazas situadas na área sur, sueste e norte formaban xa parte das primeiras ocupacións do castro, seguindo en uso ata practicamente a actualidade.

O comercio fundamentaríase principalmente a través do intercambio. Hoxe en día, descoñécese o alcance do comercio interno, aínda que no caso do externo, sabemos que se trataba dunha actividade ritualizada que non só tiña como fin obter bens foráneos, senón que a propia acción de intercambiar era un fin en si mesmo. O intercambio implicaba interactuar con poboacións foráneas e establecer relacións con elas, un aspecto que, en si, xustificaba parte da interacción desde a perspectiva das comunidades locais, pois dar e intercambiar bens e favores sentaba as bases de interaccións futuras.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión