Concello da Coruña

Concello da Coruña

Hortos urbanos

Convocatoria de autorizacións para o uso das hortas urbanas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro, parque de Eirís e parque de Adolfo Suárez.

As ECOHORTAS municipais teñen unha clara vocación educativa e integradora, polo que, ademais do seu uso particular, certo número de parcelas reservaranse para a xestión colectiva por parte de centros de ensino, asociacións sen ánimo de lucro e outros colectivos. Así mesmo, en todas as zonas habilitaranse parcelas adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

Desta forma, o Concello promove as hortas urbanas como unha oferta de lecer saudable para aquela veciñanza interesada na agricultura tradicional, en crear espazos de convivencia e comunicación interxeracional, fomentar o desenvolvemento de prácticas de agricultura ecolóxica e achegar os veciños e veciñas do mundo urbano ao coñecemento, aos valores e á cultura do mundo rural.

Esta convocatoria pon a disposición da veciñanza parcelas individuais e mesas de cultivo para o seu uso como hortos urbanos, que se distribúen da seguinte maneira:

  • Agra do Orzán: 117 parcelas individuais, 9 mesas de cultivo, unha parcela de uso común e unha mesa de cultivo común.
  • Novo Mesoiro: 36 parcelas individuais, 3 mesas de cultivo, unha parcela de uso común e unha mesa de cultivo común.
  • Parque Eirís: 81 parcelas individuais, 9 mesas de cultivo, unha parcela de uso común e unha mesa de cultivo común.
  • Parque Adolfo Suárez: 84 parcelas individuais, 3 mesas de cultivo, unha parcela de uso común e unha mesa de cultivo común.

As persoas interesadas que reúnan os requisitos da convocatoria poderán presentar a solicitude e documentación complementaria no rexistro xeral do Concello da Coruña ou a través de calquera dos demais formularios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo das administracións públicas. As solicitudes pódense presentar a través da sede electrónica do Concello da Coruña Hortos urbanos.

A solicitude dirixirase ao Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña, que instruirá o procedemento.

O prazo para presentar solicitudes será de 15 días naturais que se contarán a partir do día seguinte á publicación da presente convocatoria na páxina web  Coruña Sostible e a través dos medios que se estimen oportunos para facilitar a súa difusión.

As solicitudes que cumpran os requisitos establecidos e que se reciban fóra do prazo de presentación establecido incluiranse na orde de presentación, seguindo as das persoas solicitantes non adxudicadas na listaxe de agarda da horta correspondente, tendo en conta que xa non se distinguirá entre grupos (o grupo marcado será irrelevante).

Tamén che pode interesar

Documentos relacionados

  • Mod_078_ Comun.Resp_ANEXO_I_Solicitude (88 KB)
  • Mod_078-1_ Comun.Resp_ANEXO_II_Solicitude_Pers_Xurídicas (99 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Domingos ás 12.00 h e primero sábado de cada mes ás 19.00 h.

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión