Concello da Coruña

Concello da Coruña
Vista interior xeral da Piscina Municipal de Riazor

Piscina municipal de Riazor

Normas para as persoas usuarias da piscina

  • Para acceder á piscina é requisito imprescindible presentar o talón de pagamento, entrada ou do documento ou tarxeta que habilite o Concello para ese efecto, e do Documento Nacional de Identidade (ou documento que o substitúa).
  • Non se permite a entrada libre a menores de 14 anos que non vaian acompañados/as por unha persoa maior de idade, que será a responsable dos/as menores durante a súa permanencia na piscina. A dita persoa adulta deberase identificar ante o/a socorrista.
  • Resérvase o dereito de admisión e o límite de persoas usuarias por estaxe ou carreiro, segundo a lexislación vixente.
  • Prohíbese a entrada na zona de praia con roupa ou calzado non adecuado, así como beber, beber e introducir obxectos de cristal.
  • Por razóns de seguridade queda prohibido lanzarse á auga polos laterais do vaso, correr pola zona de praia e sentar nas liñas de separación, así como o uso de pendentes, cadeas, aneis e outros obxectos que leven risco.
  • O emprego de colchóns, flotadores, aletas ou calquera outro elemento que poida orixinar risco para as demais persoas usuarias, deberá ser regulado polo persoal socorrista.
  • As persoas que non saiban nadar ou padezan algunha enfermidade que implique risco, deberán advertírllelo previamente aos/ás socorristas.
  • Co obxecto de facilitar un maior aproveitamento da instalación deberán seguir as instrucións do persoal socorrista.
  • Por motivos de hixiene, é obrigatorio ducharse previamente á entrada no vaso, así como utilizar o gorro de baño e as chanclas. Recoméndase o uso de lentes de natación.
  • Por motivos de hixiene, está prohibido soarse, cuspir e ouriñar na auga, así como acudir ao vaso con maquillaxe, cremas, apósitos de calquera tipo ou feridas abertas.
  • Respectarase en todo momento o uso do carreiro ou estaxe asignada a cada actividade.

Normativa da piscina:

Solicitude de uso das instalacións deportivas municipais:

Realizarase nas oficinas de rexistro da Cidade Deportiva de Riazor, Cidade Deportiva da Torre ou Polideportivo do Barrio das Flores, aboando a taxa correspondente. O seu aboamento poderase efectuar tanto en efectivo como mediante tarxetas.

Tarifas (2025):

Para retirar entradas, bonos etc. é necesario presentar o DNI e pódense adquirir nas caixas dos rexistro de Deportes.

  • 13.1 Cota de entrada pública, por persoa e hora de uso: 3,52 €
  • 13.2 Abono para unha persoa física de 20 usos dunha hora en horario público: 22,99 €
  • 13.3 Uso exclusivo de carreiro/estaxe por hora: 22,07 €
  • 13.4 Uso exclusivo da piscina por hora: 105,88 €
  • 13.5 Actividades físicas que requiran o uso das seis estaxes/carreiros por un período non superior a catro horas: 150,01 €

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Domingos ás 12.00 h e primero sábado de cada mes ás 19.00 h.

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión