Mediante este trámite presentaranse as solicitudes de inscrición nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2026-2027 (BOP núm. 45 - 09 de marzo de 2026) e convocatorias extraordinarias adicionais
PUBLICACIÓN DA ACTUALIZACIÓN DA LISTA DE ESPERA
Publícase a actualización da lista de espera con data 21/08/2026, así como as prazas vacantes resultantes da actualización da lista.
A partir do día 25/08/2026 ábrese o prazo de presentación de solicitudes fóra de prazo por circunstancias excepcionais, que permanecerá aberto ata o 31/12/2026. A partir desa data non se realizarán máis chamamentos.
Unicamente se poderán asignar prazas vacantes durante o curso 2026/2027 por circunstancias excepcionais cando, existindo lista de espera única, ningunha das persoas incluídas nela acepte matricularse na praza ofertada. En todo caso, as solicitudes por urxencia social terán preferencia respecto das solicitudes comúns incluídas na lista de espera única.
A formalización da matrícula, unha vez aceptada a vacante, deberase tramitar directamente na escola infantil asignada. Unha vez aceptada a vacante e formalizada a matrícula, a persoa solicitante causará baixa na lista de espera.
É responsabilidade de cada persoa solicitante manter actualizados os seus datos de contacto (teléfonos, enderezo, correo electrónico etc.) facilitados coa solicitude da praza, co fin de que poida ser localizada para os correspondentes chamamentos da lista de espera.
Trámites relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible