Concello da Coruña

Concello da Coruña

Beneficios fiscais no Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)

Concesión de beneficios fiscais no Imposto sobre Bens Inmobles.

Poden ser de dous tipos: exencións (a pesar de que se realiza o feito impoñible a lei exime do cumprimento da obrigación tributaria principal) e bonificacións (porcentaxe de desconto a aplicar sobre a cota íntegra).

EXENCIÓNS:

- (E.1) As entidades sen fins lucrativos recollidas no art. 2 da Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal de entidades sen fins lucrativos e de incentivos fiscais ao mecenado.

- (E.2) Centros docentes concertados (art. 62.2 a TRLRHL).

- (E.3) Bens históricos non afectos a actividades económicas (art. 62.2 b TRLRHL).

- (E.4) Os montes repoboados ou rexenerados (art. 62.2 c TRLRHL).

BONIFICACIÓNS:

- (B.1) Bonificación do 50% (máximo 3 anos) para inmobles obxecto da actividade de empresas urbanizadoras, promotoras ou construtoras (art. 5.1 OF nº 51). Esta bonificación debe solicitarse antes do inicio das obras.

- (B.2) Bonificación do 50% (máximo 7 anos desde a cualificación) para vivendas de protección oficial ou equiparables (art. 5.2 OF nº 51).

- (B.3) Bonificación do 95% para bens rústicos de cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra (art. 5.3 OF nº 51).

- (B.4) Bonificación entre o 20% e o 90% (en función da renda familiar) na vivenda habitual para os titulares de familia numerosa (art. 5.4 OF nº 51). De solicitude anual antes do 31 de decembro para a súa aplicación no exercicio seguinte.

- (B.5) Bonificación do 95% para os bens inmobles de ensino universitario (art. 5.5 OF nº 51).

- (B.6) Bonificación do 95% para bens inmobles históricos afectos a explotacións económicas (art. 5.6 OF nº 51).

- (B.7) Bonificación do 50% (máximo 3 anos) na vivenda habitual con sistemas de aproveitamento térmico e eléctrico da enerxía proveniente do sol para autoconsumo (art. 5.7 a OF nº 51). A administración comprobará a licenza da obra, comunicación previa ou declaración responsable así como o pago das taxas e ICIO.

- (B.8)Bonificación do 50 % (máximo 3 anos) na vivenda habitual certificada coa máis alta cualificación de eficiencia enerxética (art. 5.7 b OF nº 51)

- (B.9) Bonificación do 50% para os bens inmobles de características especiais onde se desenvolvan actividades relacionadas co Sector Pesqueiro, coa explotación de parques e recintos feirais ou con actividades naúticas (art. 5.8 OF nº 51). De solicitude anual antes do 31 de decembro para á súa aplicación no exercicio seguinte.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión