Concello da Coruña

Concello da Coruña

Execución de Obras mediante comunicación previa

É a habilitación necesaria para poder iniciar a execución de obras de escasa entidade construtiva e sinxeleza técnica que non requiran proxecto arquitectónico, en inmobles non catalogados.

Na apartado Documentación necesaria, indícase a tipoloxía de obras que require comunicación previa e a documentación requirida para cada suposto.

A comunicación previa debe presentarse a través do formulario 048 e acompañarse da documentación preceptiva para cada tipo de obras e do pagamento da taxa municipal.

As obras poden comezarse transcorridos 15 días hábiles desde a presentación da documentación completa.

A comunicación non é eficaz en caso de non estar completa a documentación ou ser obras non axustadas á normativa urbanística.

Antes de presentar esta comunicación, debe comprobar que o edificio no que se realizarán as obras non está catalogado.

  • Pode realizar esta consulta a través desta ligazón ( Consulta tramitación de obras ), no que se lle pedirá que indique a referencia catastral do edificio (prema aquí para obter este dato no Catastro).
  • Se na devandita consulta infórmase que o inmoble NON está catalogado, o trámite de Comunicación previa é o adecuado para a actuación que se pretende. Se o inmoble está catalogado, deberá solicitar unha licenza de obra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Domingos ás 12.00 h e primero sábado de cada mes ás 19.00 h.

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión