Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exercicio de dereitos sobre os datos de carácter persoal

A través deste procedemento poderá enviar as súas solicitudes para o exercicio dos dereitos relativos á protección de datos. O Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), Regulamento UE/2016/679, recoñécelles aos titulares de datos persoais o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión ("dereito ao esquecemento"), limitación do tratamento, portabilidade e de non ser obxecto de decisións individualizadas.

Dereito de acceso: ao exercer este dereito solicita confirmación de se se están tratando ou non datos persoais que lle concirnen e, en tal caso, que se lle facilite a información relacionada no artigo 15 do RXPD.

Dereito de rectificación: ao exercer este dereito solicita que se rectifiquen os datos persoais inexactos que lle concirnan ou se completen aqueles que sexan incompletos, de conformidade co previsto no artigo 16 do RXPD. O afectado deberá indicar na súa solicitude a que datos se refire e a corrección que se teña que realizar. Deberá acompañar, cando sexa preciso, a documentación xustificativa da inexactitude ou carácter incompleto dos datos obxecto de tratamento.

Dereito de supresión: ao exercer este dereito solicita que se supriman sen dilación indebida os datos persoais, de conformidade co previsto no artigo 17 do RXPD. Será necesario acreditar que concorren os correspondentes requisitos.

Dereito á limitación do tratamento: ao exercer este dereito solicita que se limite o tratamento dos datos persoais, de conformidade co previsto nos artigos 18 e 19 do RXPD. Será necesario acreditar que concorren os correspondentes requisitos.

Dereito á portabilidade dos datos: ao exercer este dereito solicita que se lle facilite o dereito á portabilidade dos datos, de conformidade co previsto no artigo 20 do RXPD.

Dereito de oposición: ao exercer este dereito oponse a que os datos persoais que lle concirnan sexan obxecto dun tratamento, de conformidade co previsto nos artigos 21 e 22 do RXPD.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión