Convocatoria de autorizacións para o uso das hortas urbanas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro, parque de Eirís e parque de Adolfo Suárez.
As ECOHORTAS municipais teñen unha clara vocación educativa e integradora, polo que, ademais do seu uso particular, certo número de parcelas reservaranse para a xestión colectiva por parte de centros de ensino, asociacións sen ánimo de lucro e outros colectivos. Así mesmo, en todas as zonas habilitaranse parcelas adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
Desta forma, o Concello promove as hortas urbanas como unha oferta de lecer saudable para aquela veciñanza interesada na agricultura tradicional, en crear espazos de convivencia e comunicación interxeracional, fomentar o desenvolvemento de prácticas de agricultura ecolóxica e achegar os veciños e veciñas do mundo urbano ao coñecemento, aos valores e á cultura do mundo rural.
Esta convocatoria pon a disposición da veciñanza parcelas individuais e mesas de cultivo para o seu uso como hortos urbanos, que se distribúen da seguinte maneira:
As persoas interesadas que reúnan os requisitos da convocatoria poderán presentar a solicitude e documentación complementaria no rexistro xeral do Concello da Coruña ou a través de calquera dos demais formularios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo das administracións públicas. As solicitudes pódense presentar a través da sede electrónica do Concello da Coruña Hortos urbanos.
A solicitude dirixirase ao Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña, que instruirá o procedemento.
O prazo para presentar solicitudes será de 15 días naturais que se contarán a partir do día seguinte á publicación da presente convocatoria na páxina web Coruña Sostible e a través dos medios que se estimen oportunos para facilitar a súa difusión.
As solicitudes que cumpran os requisitos establecidos e que se reciban fóra do prazo de presentación establecido incluiranse na orde de presentación, seguindo as das persoas solicitantes non adxudicadas na listaxe de agarda da horta correspondente, tendo en conta que xa non se distinguirá entre grupos (o grupo marcado será irrelevante).
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
Normativas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible