Concello da Coruña

Concello da Coruña

Participación cidadá no Pleno

A través deste procedemento poderá solicitar participar no Pleno municipal, procedemento que ten por obxecto facer efectivo o dereito de intervención da cidadanía nos plenos municipais na quenda pública de rogos e preguntas sobre temas concretos de interese municipal que terán lugar ao final da sesión.

A posibilidade de abrir o Pleno á participación cidadá está recollida na normativa vixente de réxime local conformada pola Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, o Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF), e o propio Regulamento orgánico de participación cidadá do Concello da Coruña, ao que se remite expresamente para estes efectos o Regulamento orgánico municipal do Concello (artigo 40.3).

Segundo dispón o artigo 8 bis do Regulamento orgánico de participación cidadá correspóndelle á Presidencia do Pleno o establecemento das quendas de rogos e preguntas, a admisión ou inadmisión dun determinado tema, a ordenación da quenda e o seu peche. En uso desas facultades, procedo a desenvolver mediante a presente instrución o procedemento de intervención cidadá nas sesións do Pleno, coa finalidade de favorecer a máxima participación cidadá nun marco de desenvolvemento normal do Pleno, mediante a aprobación de regras de funcionamento que sexan de público coñecemento por parte da cidadanía e dos membros do órgano.

Tamén che pode interesar

Documentos relacionados

  • Instancia: solicitude de participación cidadá no Pleno. Mod. 075 (122 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión