A través deste procedemento poderá solicitar participar no Pleno municipal, procedemento que ten por obxecto facer efectivo o dereito de intervención da cidadanía nos plenos municipais na quenda pública de rogos e preguntas sobre temas concretos de interese municipal que terán lugar ao final da sesión.
A posibilidade de abrir o Pleno á participación cidadá está recollida na normativa vixente de réxime local conformada pola Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, o Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF), e o propio Regulamento orgánico de participación cidadá do Concello da Coruña, ao que se remite expresamente para estes efectos o Regulamento orgánico municipal do Concello (artigo 40.3).
Segundo dispón o artigo 8 bis do Regulamento orgánico de participación cidadá correspóndelle á Presidencia do Pleno o establecemento das quendas de rogos e preguntas, a admisión ou inadmisión dun determinado tema, a ordenación da quenda e o seu peche. En uso desas facultades, procedo a desenvolver mediante a presente instrución o procedemento de intervención cidadá nas sesións do Pleno, coa finalidade de favorecer a máxima participación cidadá nun marco de desenvolvemento normal do Pleno, mediante a aprobación de regras de funcionamento que sexan de público coñecemento por parte da cidadanía e dos membros do órgano.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible