Concello da Coruña

Concello da Coruña

Permiso Municipal de Taxista

Solicitude para obter o permiso municipal de taxista.

A cidadanía que desexe conducir un vehículo destinado ao servizo de taxi do Concello da Coruña deberá obter o permiso municipal de taxi.

CARACTERÍSTICAS DO EXAME:

Para obter os permisos municipais de taxi será necesario realizar un exame, que terá lugar o primeiro venres hábil de cada mes no Departamento de Mobilidade situado na Estación de Autobuses (r/ Caballeros s/n). As persoas aspirantes poderán cometer un máximo de cinco fallos. O/a solicitante poderá realizar a proba de aptitude un máximo de dúas veces; no caso de que non consiga superar o exame nos dous intentos estipulados, deberá aboar novamente a taxa pola realización da proba.

Na páxina web pódese consultar o temario esixido para o exame.

VIXENCIA:

O permiso terá un validez de 5 anos e deberase renovar unha vez que transcorrese o devandito prazo. Se non se usa o permiso durante un prazo máximo de seis meses, será revogado. No caso de que non se exerza por atoparse en situación de desemprego involuntario o permiso seguirá vixente durante un prazo máximo de dous anos.

RECOLLIDA DO PERMISO:

A retirada do permiso realizaraa a persoa interesada no Departamento de Mobilidade unha vez recibida a notificación. Para recoller o carné deberá presentar:

- Orixinal e copia do contrato de traballo.

- Orixinal e copia da inscrición de alta na Seguridade Social.

- Declaración responsable na que manifeste que presta o servizo de taxi con exclusiva dedicación, cumprindo o fixado na Lei 4/2013, do 30 de maio (art. 20 apart. 1).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Domingos ás 12.00 h e primero sábado de cada mes ás 19.00 h.

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión