Concello da Coruña

Concello da Coruña

Policía Local

DESTACAMENTOS

Unidade de coordinación e apoio

Sala 092

Unidade Administrativa

Unidades Territoriais

  • Unidade territorial Zona Norte
  • Unidade territorial Zona Sur
  • Unidade Quenda de Noite (zona única)

A delimitación da Zona Norte e Sur se comtempla na Avenida de Arteijo

Unidades Especializadas

  • Unidade Especializada (Grupo Medio Ambiente e Motos)
  • Unidade de Tráfico (Sala de Pantallas, Grupo de Ateigados e Grupo de Disciplina Viaria e Guindastres)

Patrullas Especiais

  • Efectivos diarios: 20 patrullas a pé, 10 coches radiopatrulla e 8 patrullas de moto
  • Patrulla Verde: mide os niveis de contaminación acústica e ambiental
  • Patrulla Vermella: encargada de sancionar as infraccións dinámicas, as que cometen os condutores co coche en marcha, como o uso do teléfono móbil ao volante, os xiros indebidos, os excesos de velocidade ou saltarse os semáforos en vermello
  • Patrulla Ciclista: os axentes adscritos a este servizo patrullan distintos puntos da cidade en bicicleta
  • Patrulla de Barrio
  • Multamóvil: tamén denominado AVI (Automóbil de Vixilancia Integral)

Obxectos Perdidos

Pódense ver na páxina web da Policía Local : Objetos perdidos

No caso de que unha persoa atope documentación persoal doutra e non poida entregala na oficina de Obxectos Perdidos, unha patrulla da Policía Local desprazarase a recollela.

OUTROS TRÁMITES

  • Solicitude dun informe policial
  • Solicitude dun ateigado policial
  • Denuncias por ruído
  • Colocación dunha placa co número da vivenda ou edificio:cando se realice un cambio na numeración dunha rúa por parte do Concello, os titulares dos edificios ou vivendas afectados, dispoñen dun prazo de 10 días para proceder á actualización das placas. As citadas placas deben ser colocadas no dintel da porta principal de acceso e serán dun material adecuado e duradeiro cunhas dimensións de 12 cm. x 16 cm.

NORMATIVA POLICÍA LOCAL

Coordinación:

Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, publicada no DOG nº 85 do 3 de maio de 2007 e no BOE nº 137 do 8 de xuño do 2007.

Decreto 243/2008, de 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais, publicada no DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008.

Decreto 77/2010, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, publicada no DOG nº 89 do 12 de maio de 2010. Corrección de erros, publicada no DOG nº 98 do 26 de maio de 2010.

Distincións:

Orde do 4 de novembro de 2009 pola que se desenvolve o artigo 95 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, sobre a descrición das distincións dos policías locais de Galicia, publicada no DOG nº 219 do 9 de novembro de 2009.

Anuncio aprobación inicial do Regulamento de honras e distincións do Corpo de Policía Local, publicado no BOP nº 70 do 16 de abril de 2015.

Uniformes e vehículos:

Decreto 60/2010, do 8 de abril, polo que se desenvolve a lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, en materia de uniformidade, acreditación e medios técnicos, publicada no DOG nº 75 do 22 de abril de 2010.

Orde do 22 de xullo de 2010 pola que se establece a descrición e as características das distintas pezas de uniformidade dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local de Galicia, así como a imaxe corporativa dos corpos de policía local, publicada no DOG nº 144 do 29 de xullo de 2010.

Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen os elementos de configuración externa e o deseño para a marcación e rotulación dos vehículos á disposición dos policías locais e vixiantes municipais, publicada no DOG nº 1 do 3 de xaneiro de 2011.

Rexistro de Policías Locais:

Decreto 105/2008, do 8 de maio, polo que se crea e regula o Rexistro de Policías Locais de Galicia, publicado no DOG nº 100 do 26 de maio do 2008.

Orde do 27 de xaneiro de 2009, pola que se desenvolve o Decreto 105/2008, de 8 de maio, polo que se crea e regúlase o Rexistro de Policías Locais de Galicia, publicada no DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009.

Acceso (probas):

Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixiantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixiantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada, publicada no DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009. Corrección de erros, publicada no DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2009.

Orde do 22 de xullo de 2010 pola que se establece a descrición e as características dos medios de acreditación profesional dos corpos da policía local, vixiantes municipais e auxiliares de Policía Local de Galicia, publicada no DOG nº 143 do 28 de xullo de 2010.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión