
O Concello da Coruña celebra, o domingo 15 de xuño, o XXXVIII Día do Deporte na Rúa como colofón á actividade das Escolas Deportivas Municipais do curso 2024-2025.
Todas as actividades se desenvolverán na contorna da Cidade Deportiva de Riazor. Os deportes náuticos desenvolveranse na praia de Riazor e Orzán. Todas as actividades son de balde e abertas a todas as idades e desenvolveranse en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas.
A cita ten como obxectivo promocionar as diferentes disciplinas deportivas que se practican na cidade, da man dos distintos clubes e entidades deportivas municipais, e, dun xeito lúdico e participativo, achegar á cidadanía os beneficios da práctica deportiva.
O Día do Deporte na Rúa contará con 62 modalidades deportivas diferentes como o atletismo, baloncesto, bádminton, boxeo, ximnasia, escalada, marcha nórdica ou xadrez. Tamén haberá deportes náuticos como vela, piragüismo, waterpolo, paddlesurf ou surf, entre moitos outros. E como novidades contaremos con danza urbana, pickleball, pelota vasca e pentatlon militar.
Este ano, 92 clubes e entidades deportivas da cidade se suman á celebración do Día do Deporte, colaborando co Concello da Coruña co obxectivo de dar a coñecer as diferentes prácticas deportivas que se ofertan no municipio, completando unha programación deportiva ampla e diversa. Deste xeito, o Concello mantén o seu apoio ao sector deportivo da cidade, achegando o seu traballo á cidadanía e fomentando a práctica deportiva para todos os gustos e idades.
Haberá tamén unha solta de pombas ás 13.00 horas desde a explanada do Palacio dos Deportes de Riazor.
Modalidades deportivas
| Aikido | Loita Grappling |
| Atletismo | Loita Sambo |
| Atletismo - Lanzamentos | Marcha nórdica |
| Bádminton | Motociclismo |
| Baloncesto | Natación |
| Balonmán | Paddle surf |
| Boccia | Patinaxe artística |
| Boxeo | Patinaxe en liña |
| Carreira de orientación | Patinaxe freestyle |
| Ciclismo Urbán e tandem | Pelota vasca |
| Colombofilia | Pentatlon militar |
| Danza urbana | Petanca |
| Defensa personal | Pickleball |
| Deporte adaptado | Piragüismo |
| Dragon boat | Quidditch/Quadball |
| Duatlón | Roller derby |
| Equitación | Rugby |
| Escalada | Salvamento e Socorrismo |
| Esgrima | Surf e parasurfing |
| Esgrima histórica | Surfskate |
| Fútbol | Taekwondo |
| Fútbol gaélico | Taichi |
| Fútbol sala | Tenis |
| Ximnasia artística | Tenis de mesa |
| Ximnasia rítmica | Tiro con Arco |
| Golf | Trialbici |
| Halterofilia | Triatlón |
| Hockei sala | Vela |
| Jiu Jitsu | Waterpolo |
| Judo | Windsurf |
| Kárate |
Xadrez |
Entidades deportivas
| 5 Coruña Fútbol Sala | Club Torre SD |
| A Coruña Fillos de Breogán | Club Triatlón Coruña |
| A Coruña Pickleball | Club Voleibol Zalaeta |
| ADC Alquimia Inline | Club Waterpolo As Mariñas |
| Agrupación de Montañeros Independientes | Club Waterpolo Coruña Rías Altas |
| Asociación Coruñesa de Waterpolo | Club Ximnasio Fibra |
| Asociación Galega de Xadrecistas | Coruña Beach Club |
| ASPERGA | Coruña Roller Derby Irmandiñas |
| Athletic Coruña Hockey Club | Club de Rugby Arquitectura Técnica |
| Balonmán Brigantium | Dementores Coruña |
| BM Línea 21 | Federación Salvamento e Socorrismo Galicia |
| CD Seguridade Galega | Federación Galega de Surf |
| C.P.A. Maxia | Fundación Abrente - ENKI |
| Can Coruña Asociación Canina | Gimnasia Rítmica Santiago Apóstol |
| Círculo Colombófilo Herculino | Graiño Team |
| Club Academia espada Coruña | Grumico |
| Club atletismo Coruña Comarca | Hércules Club de Golf |
| Club Auga Dragon Boat BCS | Hércules Coruña Fútbol Sala |
| Club BKC Boxeo | Índigo Taichi |
| Club Básquet Coruña SAD | Judo Club Coruña |
| Club Brabox 76 | Judo Club Shiai |
| Club Batallador SD | Judo Hércules |
| Club de Pelota La Coruña | Karate No Michi |
| Club de Vela Playa Oza | Lobos de Mar Surf Club |
| Club del Mar de San Amaro | Mas Moto Club |
| Club Encontro Aikido | Mobi-liza |
| Club Escola galega de Esgrima | OAR Ciudad Vieja 1952 |
| Club Escola Garrapucho | Old is Cool Club de Surf |
| Club Escuela de Tenis Marineda | ONCE |
| Club Esgrima Atlántico | Orzán Sociedad Deportiva |
| Club esgrima Coruña | Prado Surf Escola |
| Club Etp A Coruña | RSD Hípica de La Coruña |
| Club Galicia Rollers | Real Club Náutico de La coruña |
| Club Halterofilia Coruña | Riders Surf School |
| Club Hércules Termaria | SD As Xubias |
| Club Lanzadores Coruña | Sociedad de Montaña Ártabros |
| Club Marcha Nórdica A Coruña | Son do Mar Escuela de Surf |
| Club Natación Coruña | Sporting Club Casino de La Coruña |
| Club Náutico Marina Coruña | The Cutarc Team |
| Club Petanca Coruña | Tip Mv Fight krav Maga |
| Club Polideportivo Esclavas | TrialBiciCoruña |
| Club Rítmica Coruña | Viaxes Amarelle FS |
| Club Rítmica Milenium | Vibrato Dance Crew |
| Club Salesianos Coruña | Ximnasia Ritmica MªBarbeito |
| Club Salvamento Coruña | Zalaeta 100tolos |
| Entidade convidada: Cuartel General de Mando de Apoyo a la Maniobra - A Coruña |
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible