13-01-2023_NÚMERO DE CONTA
Informamos, para as persoas con praza formalizada, dos datos de pago para aboar a cota da Campaña de neve 2023 que ven de publicar a Deputación da Coruña.
Unha vez efectuado o pago, deberán remitir, antes do mércores 18 de xaneiro, copia do resgardo por correo electrónico ao enderezo deportes@coruna.gal, poñendo no Asunto "Campaña de neve + nome do/a participante".
No caso de non achegar o resgardo no prazo indicado, entenderase como unha renuncia á praza e activarase a listaxe de agarda.
Para o abono da cota os datos son os seguintes:
Poden consultar máis información de interese na web da Deputación.
22-12-2022_LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTAXE DE AGARDA
Despois da celebración do sorteo, no que saíu o número 185 que servíu de corte para a adxudicación das 30 prazas correspondentes á quenda do Concello da Coruña na Campaña de neve da Deputación da Coruña, e tendo en conta que teñen preferencia as persoas que non participaran noutra campaña de neve da Deputación, procédese á publicación das listaxes de adxudicación de prazas e de agarda:
MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS
Aquelas persoas que na listaxe aparezan coa indicación "TEN PRAZA" deberán formalizar a súa inscrición do 22 ao 28 de decembro de 2022 enviando, a través do correo electrónico deportes@coruna.gal, a documentación solicitada pola Deputación da Coruña.
Para inscribirse será necesario enviar (prégase enviar a documentación de cada persoa nun único arquivo en formato pdf, evitando arquivos de imaxe pesados):
En caso de non presentala en tempo e forma, entenderase que renuncian á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de agarda.
Nº CORTE PARA A ASIGNACIÓN DAS PRAZAS
O número obtido no sorteo é o 185, será o que servirá de corte para establecer a orde na adxudicación das prazas correspondentes á quenda do Concello da Coruña na Campaña de Neve da Deputación da Coruña 2023.
LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITUDES ADMITIDAS
Tras a finalización do prazo establecido para a corrección de erros, procédese á publicación da listaxe definitiva de solicitude admitidas para a quenda correspondente ao Concello da Coruña na Campaña de Neve 2023 - Deputación da Coruña. A continuación, pódense consultar as listaxes, coa inclusión do número asignado para o sorteo, ordenadas alfabéticamente ou por número de sorteo:
SORTEO
O sorteo celebrarase ás 16:00 h. do 21 de decembro de 2022. Pode seguilo en directo na seguinte ligazón: SORTEO CAMPAÑA NEVE 2023
LISTAXE PROVISIONAL:
Publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e descartadas da Campaña da Neve 2023:
SUBSANACIÓN DE ERROS:
Dende a publicación da listaxe provisional ata o día 20 de decembro de 2022. As alegacións presentaranse no seguinte enderezo electrónico deportes@coruna.gal
DESTINATARIOS:
Nenos e nenas empadroados no concello da Coruña, de 11 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2022.
Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.
QUENDA:
Do 17 de febreiro de 2023 ao 20 de febreiro de 2023, na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).
Nº DE PRAZAS: 30
COTA DE INSCRICIÓN:
85 € (oitenta e cinco euros)
O prezo desta campaña inclúe:
PRAZO SOLICITUDE:
Dende a publicación, 7 de decembro, ata o 16 de decembro de 2022 as 14:00h. a traves do seguinte formulario:
LISTAXE PROVISIONAL:
Publicarase o día 19 de decembro de 2022
SUBSANACIÓN DE ERROS:
Dende a publicación da listaxe provisional ata o día 20 de decembro de 2022. As alegacións presentaranse no seguinte enderezo electrónico deportes@coruna.gal.
SORTEO
No suposto de que existan máis solicitudes que prazas, celebrarase un sorteo público, o 21 de decembro de 2022, ás 09:00 h., para establecer a orde de adxudicación de prazas, na páxina https://echaloasuerte.com ou a través do procedemento de insaculación. Orde de preferencia para a adxudicación das prazas: nos supostos en que o número de prazas solicitadas sexa maior das ofertadas, para a orde de preferencia terase en conta:
LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
A listaxe definitiva publicarase o día 22 de decembro de 2022 .
Todos os solicitantes que non obtivesen praza pasarán a formar parte da listaxe de agarda.
MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS
Do 22 ao 28 de decembro de 2022 a través do correo electrónico deportes@coruna.gal deberase formalizar a matricula, segundo as normas e documentación solicitada pola Deputación da Coruña.
En caso de non presentar a matrícula entenderase que se renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de agarda.
Para inscribirse será necesario:
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non se permite a cesión a terceiras persoas da praza asignada.
As listaxes de solicitantes dos cursos ofertados, listaxes definitivas e demais documentación, información ou notificación referida a esta convocatoria publicarase na páxina web municipal, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais e no teléfono de información cidadá 010.
Pode consultar as Bases completas no documento adxunto ao pé da páxina
Documentos relacionados
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible