NÚMERO DE CONTA PARA O ABONO DA COTA DE PARTICIPACIÓN:
Xa está publicado na web da Deputación (https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-da-neve-2024#Datos+de+pago) o número de conta para facer o ingreso dos 85€ correspondentes á cota de participación para as persoas con praza e xa enviaron o resto de documentación:
O resgardo do ingreso deberá enviarse por correo electrónico á dirección programasdeportivos@coruna.gal. O prazo límite para o envío será o xoves 4 de xaneiro de 2024, ás 23:59h.
No caso de non recibir o resgardo do pagamento da cota, entenderase que se renuncia á praza e procederase a activar a listaxe de agarda.
DESTINATARIOS:
Nenos e nenas EMPADROADOS NO CONCELLO DA CIDADE DA CORUÑA, de 11 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023.
13 DE DECEMBRO - SORTEO PUBLICO E ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTAXE DE AGARDA
Dado que se recibiron máis solicitudes que prazas ofertadas realizarase un sorteo durante o cal se sacará UN NÚMERO para establecer a orde de asignación, o cal estará comprendido entre os números da primeira e a última solicitude rexistradas correctamente (0001 e 0463). Pode seguir dito sorteo a través da seguinte ligazón:
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTAXE DE AGARDA:
Pode consultar na seguinte ligazón a listaxe de adxudicación de prazas que vai dende MORA S., LUCIA (97) ata VARELA R., LUCIA (129), o resto de solicitantes figuran coma listaxe de agarda:
Orde de preferencia para a adxudicación das prazas unha vez realizado o sorteo:
Para establecer a orde dos anteriores criterio terase en conta o número de solicitude asignado e conforme ao agraciado no sorteo público (este incluído).
PRAZO DE FORMALIZACIÓN: 13 ao 17 de decembro a traves do correo programasdeportivos@coruna.gal
En caso de non presentar a matrícula entenderase que se renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de agarda.
Documentación a presentar:
4 DE DECEMBRO - LISTAXE PROVISIONAL
Procédese á publicación da listaxe provisional de solicitantes de empadroados no Concello da Coruña e as listaxe de solicitudes descartadas para a Campaña de Neve 2024 - Deputación da Coruña co número asignado tendo en conta a data de entrada da solicitude, que terá lugar na estación de Valgrande-Pajares, pode consultalos nas seguintes ligazons:
Prazo de subsanación:
Dende a publicación da listaxe ata o 7 de decembro de 2023 ás 23:59 h., a través do correo electrónico: programasdeportivos@coruna.gal
Durante este prazo poderanse subsanar so datos persoais tales coma data de nacemento, apelidos, etc
Sorteo de asignación de prazas:
13 de decembro de 2023 ás 09:00h, para establecer a orde de adxudicación sacaranse 1 número, o cal servirá de corte en base ao número adxudicado por orde de entrada das solicitudes.
Listaxe de asignación de prazas:
13 de decembro a partir das 15:00h
Orde de preferencia para a adxudicación das prazas unha vez realizado o sorteo:
Para establecer a orde dos anteriores criterio terase en conta o número de solicitude asignado e conforme ao agraciado no sorteo público (este incluido).
7 DE NOVEMBRO DE 2023 - CONVOCATORIA
DESTINATARIOS:
Nenos e nenas EMPADROADOS NO CONCELLO DA CIDADE DA CORUÑA, de 11 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023.
Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación. No caso que houbese mais solicitudes que prazas ofertadas, realizarase un sorteo público para a asignación de prazas.
Elabóranse dúas listaxes:
QUENDA:
Do 12 ao 15 de Xaneiro de 2024 , na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias). con entrada na estación o venres antes do xantar e a saída o luns despois do xantar.
Nº DE PRAZAS: 30
COTA DE INSCRICIÓN:
85 € (oitenta e cinco euros)
O prezo desta campaña inclúe:
PRAZO SOLICITUDE E PREINSCRICIÓN:
Dende a publicación, ata o 1 de decembro de 2023 as 14:00h. so se aceptaran solicitudes recibidas a través do seguinte formulario:
Non e preciso achegar ningunha documentación nesta fase de preinscrición. Deberase presentar unicamente na inscrición definitiva.
LISTAXE PROVISIONAL:
Publicarase o día 4 de decembro de 2023 as 14:00h, na que se asignara un número para o sorteo público e na que se poderán revisar os datos persoais.
SUBSANACIÓN DE ERROS:
Dende a publicación da listaxe provisional ata o día 7 de decembro de 2023. As alegacións presentaranse no seguinte enderezo electrónico programasdeportivos@coruna.gal.
SORTEO
No suposto de que existan máis solicitudes que prazas, para establecer a orde de adxudicación de prazas celebrarase un sorteo público do número asignado, o día 13 de decembro de 2023, ás 09:00 h. nas oficinas municipais do Palacio dos Deportes de Riazor (Rúa Manuel Murguía s/n).
Orde de preferencia para a adxudicación das prazas: nos supostos en que o número de prazas solicitadas sexa maior das ofertadas, para a orde de preferencia terase en conta:
LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
A listaxe definitiva publicarase o día 13 de decembro de 2023 as 15:00h.
MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS
Do 13 ao 17 de decembro de 2023 a través do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal deberase formalizar a matricula, segundo as normas e documentación solicitada pola Deputación da Coruña.
En caso de non presentar a matrícula entenderase que se renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de agarda.
Será necesario achegar a seguinte documentación:
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non se permite a cesión a terceiras persoas da praza asignada.
As listaxes de solicitantes dos cursos ofertados, listaxes definitivas e demais documentación, información ou notificación referida a esta convocatoria publicarase na páxina web municipal, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais e no teléfono de información cidadá 010.
Pode consultar as Bases completas no documento adxunto ao pé da páxina
Documentos relacionados
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible