NÚMERO DE CONTA PARA O PAGO DA COTA DE PARTICIPACIÓN
Datos da conta para facer o pago da cota de participación:
IMPORTE: 85 € (Ointenta e cinco euros)
ENTIDADE: ABANCA
IBAN: ES30 2080 5490 6430 4014 5379
TITULAR: NAUTALIA VIAJES, S.L.
Nota: en "concepto" poner só o nome e apelidos da persoa solicitante e o do concello (A Coruña, neste caso).
Deberá facerse chegar o xustificante de pago á dirección de correo electrónico deportes@coruna.gal. O prazo para a recepción do documento rematará ás 23:59 h. do venres 14/01/2022.
DESTINATARIOS:
Nenos e nenas empadroados no concello da Coruña, de 12 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2021.
Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.
LISTAXE DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS
Procedese a publicación da listaxe de asignación de prazas dos solicitantes para a Campaña de Neve 2022 - Deputación da Coruña que terá lugar na estación de Valgrande-Pajares, pode consultala na seguinte ligazón
Deste xeito a primeira persoa a cal se lle asigna praza e a BRUN L., LUCIA e a derradeira persoa con praza asignada e LEIS G., CARLOTA.
No caso de ter que chamar a listaxe de agarda, continuaríase dende a ultima persoa con praza asignada (LEIS G. CARLOTA) seguindo este listado e tendo sempre a preferencia a xente que figure coma EMPADROADA no Concello da Coruña e que NON REALIZASE NINGÚN CAMPAMENTO.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:
Informarase aos agraciados vía email, xa que polo momento non dispoñemos do numero de conta no que facer o ingreso.
SOLICITUDE DESCARTADA:
CRITERIOS DE ELABORACIÓN DESTA LISTAXE:
Preferencia para Empadroados no Concello da Coruña, que non realizarán previamente ningún campamento coa Deputación, unha vez aplicado este criterio e habendo máis solicitudes que prazas, establecese o corte alfabético establecido polo sorteo do día 17 de decembro, cuxo resultado é o que se indica despois da listaxe.
17 de decembro - SORTEO PÚBLICO
Unha vez realizado o sorteo público das letras que estableceran a orde de corte para asignación de prazas, pode consultar os resultados nas seguintes ligazóns:
15 de decembro - LISTAXE PROVISIONAL
Procedese a publicación da listaxe provisional de solicitantes para a Campaña de Neve 2022 - Deputación da Coruña que terá lugar na estación de Valgrande-Pajares, pode consultalo na seguinte ligazón, ou no documento adxunto ao pe da páxina:
Ábrese un prazo de subsanación de erros dende a publicación da listaxe ata o 16 de decembro as 23:59 a través do correo electrónico: deportes@coruna.gal
Sorteo público:
30 de novembro - CONVOCATORIA
Nº DE PRAZAS: 49
COTA DE INSCRICIÓN:
85 € (oitenta e cinco euros)
O prezo desta campaña inclúe:
PRAZO SOLICITUDE:
Dende o día 30 de novembro ata o 14 de decembro de 2021 as 14:00h. a traves do seguinte formulario:
LISTAXE PROVISIONAL:
O 15 de decembro a partir das 14:00h.
SUBSANACIÓN DE ERROS:
Dende a publicación da listaxe provisional ata o 16 de decembro as 23:59 a traves do correo electronico deportes@coruna.gal
SORTEO
Nos supostos de que despois de aplicar os criterios de preferencia aínda existan máis solicitudes que prazas vacantes, realizarase un sorteo público no Servizo de Deportes, o día 17 de decembro de 2019 ás 9:00 horas, segundo o procedemento que a continuación se describe: As listaxes disporanse en orde alfabética. Para estes efectos aclárase que as preposicións e calquera partícula en xeral que acompañen a un apelido non forman parte del, de acordo co disposto no artigo 49.2 in fine e 53 da Lei 20/2011, do 21 de xuño do Rexistro Civil (BOE do 22 de xullo de 2011). Para establecer a orde de adxudicación sacaranse 4 letras, que se farán corresponder coas dúas primeiras letras do primeiro e segundo apelido, respectivamente. A partir da determinación da primeira persoa chamada, os seguintes faranse seguindo a dita orde alfabética. As letras serán quitadas empregando a páxina web https://echaloasuerte.com/draw/new/letter/ ou a través do procedemento de insaculación.
LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
O 20 de decembo a partir das 14:00h
Todos os solicitantes que non obtivesen praza pasarán a formar parte da listaxe de agarda.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Do 21 ao 26 de decembro de 2021 a través do correo electrónico deportes@coruna.gal deberase formalizar a matricula, segundo as normas e documentación solicitada pola Deputación da Coruña. En caso de non presentar a matrícula entenderase que se renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de agarda.
Para formalizar a matrícula será necesario achegar a seguinte documentación:
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non se permite a cesión a terceiras persoas da praza asignada.
As listaxes de solicitantes dos cursos ofertados, listaxes definitivas e demais documentación, información ou notificación referida a esta convocatoria publicarase na páxina web municipal, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais e no teléfono de información cidadá 010.
Pode consultar as Bases completas no documento adxunto ao pé da páxina
Documentos relacionados
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible