Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Xogos da Empatía

Deporte inclusivo

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

18/09/2021

Ya ha finalizado

Horario:

16:00 H.

Dirección:

Explanada del Parrote . Paseo Parrote s/n. 15001 A Coruña

Número de plazas:

200

Precio:

GRATUÍTO

Requisitos:

A inscrición é gratuíta e poderase realizar de xeito telemático ata o 15 de setembro: 

Organiza:

Concello da Coruña 

Coa colaboración de GRUMICO

Contacto:

Ábrese o prazo para a inscrición nos Xogos da Empatía, un evento para todos os públicos que se desenvolverá no paseo do Parrote o sábado 18 de setembro a partir das 16.00 horas. A inscrición é gratuíta e poderase realizar de xeito telemático ata o 15 de setembro.

Inscricións 

Os Xogos da Empatía, organizados polo Concello da Coruña, é un evento de carácter lúdico, non competitivo, que busca o fomento de valores como a empatía, o compañeirismo, o respecto e a solidariedade. Proporanse actividades de deporte adaptado como baloncesto, fútbol, bádminton, tenis de mesa, hóckey e carreira a cegas. A participación está aberta a persoas de entre 8 e 65 anos. O límite de prazas é de 200.

O evento contará coa colaboración da asociación GRUMICO da Coruña, á que se lle realizará unha doazón en sinal de agradecemento do seu labor.

Todas aquelas persoas participantes que completen as actividades recibirán un diploma conmemorativo da primeira edición dos Xogos da Empatía 2021.

Todas as persoas participantes deberán seguir o protocolo COVID, que será publicado unha semana antes. A organización resérvase o dereito a suspender o evento se a situación sanitaria do momento así o recomenda.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión