Por primeira vez disputarase un partido feminino entre a Selección Galega e o Gulpilhares portugués
23 de noviembre de 2022
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, organiza xunto co Eixo Atlántico esta fin de semana o décimo torneo Eixo Atlántico Cidade da Coruña de hóckey a patíns. A competición, de categoría infantil, é todo un clásico desta disciplina en categorías inferiores a nivel galego e portugués.
Hoxe levouse a cabo o sorteo dos emparellamentos, que estivo presidido pola concelleira de Deportes, Mónica Martínez, e o secretario do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao. "É unha honra presentar e organizar este torneo no Palacio dos Deportes, berce do hóckey a nivel mundial. Esta décima edición chega nun momento pletórico para o deporte coruñés grazas ao labor que facemos desde o goberno de Inés Rey", asegura Martínez. Pola súa banda, Vázquez Mao afirmou que "esta competición funciona moi ben e por iso mantén o noso incondicional apoio. A nosa presenza confirma o bo traballo executado na cidade".
O décimo torneo Eixo Atlántico Cidade da Coruña terá lugar o sábado e o domingo no Palacio dos Deportes de Riazor, en Elviña II e no colexio Compañía de María. Participarán un total de 12 equipos de categoría infantil: catro coruñeses, dous do ámbito galego e seis portugueses.
Unha das grandes novidades desta edición será a disputa dun partido de hóckey feminino. Será o domingo ás 14.00 horas no Palacio dos Deportes de Riazor e enfrontará á Selección Galega infantil e ao Gulpilhares portugués.
Grupos e partidos
Tras o sorteo, os 12 equipos quedaron configurados en catro grupos de tres equipos cada un. O grupo A estará formado por Óquei Clube de Barcelos (Barcelos), Garaysa Escola Lubiáns (Carballo) e CD Patín Berenguela (Santiago). O grupo B está formado por Compañía de María (A Coruña), Famaliacense (VN Famaliçao), ACD Gulpilhares (VN Gaia). O grupo C está formado por Associaçao Desportiva de Valongo (Valongo), Deportivo Liceo (A Coruña) e Hóquei dos Carvalhos (Gaia). Por último, o grupo D está formado por Dominicos (A Coruña, Académico Bragança (Bragança) e Obradoiro (A Coruña).
Os partidos comezarán o sábado ás 9.00 horas no Palacio dos Deportes e no pavillón Elviña II. A partir das catro haberá tamén enfrontamentos no pavillón do Compañía de María. As eliminatorias finais serán o domingo, a partir das 9.00 horas, no Palacio dos Deportes. A final está previsto que comece ás 16.00 horas.
04/05/2024
05/05/2024
05/05/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible