A cita, organizada por AGAXEDE co apoio do Concello, mantén o seu compromiso coa participación aberta e a igualdade no acceso ao deporte
24 de abril de 2026
A praza de María Pita acollerá este domingo, día 26, a saída da XXXI Carreira Alternativa, unha proba xa consolidada na cidade polo seu carácter participativo e inclusivo.
Organizada pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) e co apoio do Concello da Coruña e da Deputación, a carreira dará comezo ás 11.00 horas cun percorrido de 6 quilómetros que poderá realizarse andando, correndo, en bicicleta ou en patíns, facilitando así a participación de persoas de todas as idades e condicións .
A saída estará protagonizada por Fernando Romay xunto co equipo Dépor Genuine, nun evento que pon en valor o dereito ao deporte para todas as persoas. A xornada completarase con actividades ao remate da proba e o sorteo de agasallos entre as persoas participantes.
Desde a súa creación en 1996, a Carreira Alternativa consolidouse como unha referencia do deporte inclusivo, reunindo preto de 40.000 participantes ao longo da súa traxectoria.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, subliñou a importancia de iniciativas como esta: "Eventos como a Carreira Alternativa amosan o valor do deporte como espazo de encontro e convivencia, no que todas as persoas poden participar e compartir unha experiencia común".
O Concello da Coruña apoia este tipo de actividades que contribúen a fomentar hábitos saudables e a reforzar os valores de igualdade e inclusión na cidade.
25/04/2026
25/04/2026
25/04/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible