A actuación permitirá mellorar o pavimento, a iluminación e o equipamento deportivo deste espazo de uso comunitario
25 de abril de 2026
O Concello da Coruña iniciará nas vindeiras semanas as obras de mellora da pista deportiva situada na rúa Falperra, unha intervención que permitirá a posta a punto integral desta infraestrutura de uso público.
A actuación responde á necesidade de corrixir diversas deficiencias detectadas polo uso e o paso do tempo, tal e como se recolle na memoria técnica do proxecto . Entre elas atópanse o deterioro do pavimento, a mellora dos elementos deportivos, a renovación do sistema de iluminación e a adecuación do peche perimetral.
Os traballos previstos inclúen a substitución e instalación de novo equipamento deportivo, como canastras de baloncesto, a reparación e acondicionamento do pavimento mediante sistemas específicos para uso deportivo, así como o reforzo da iluminación con luminarias LED e a renovación dos cerramentos da pista.
O prazo estimado de execución das obras será dun mes, polo que a instalación poderá estar de novo a disposición da cidadanía nun curto período de tempo .
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, subliñou que "seguimos atendendo as demandas que nos traslada a veciñanza para mellorar os espazos deportivos de proximidade, que son fundamentais para fomentar hábitos saudables e a convivencia nos barrios".
Esta actuación forma parte das liñas de investimento impulsadas polo Goberno de Inés Rey para a mellora continua dos equipamentos públicos e dos espazos de uso cidadán nos distintos barrios da cidade.
25/04/2026
25/04/2026
25/04/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible