12 de Setembro de 2025 - Resolución definitiva de Asignación de Usos das IDM Tempada 2025/26
Procédese á publicación da Resolución Definitiva da asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas para a Tempada 2025-26.
Pode consultar a distribución de usos das IDM na seguinte ligazón:
Aplicación:
Os usos concedidos estenderanse desde o luns 15 de setembro de 2025 ao 30 de xuño de 2026.
3 de Setembro de 2025 - Resolución provisional de Asignación de Usos das IDM Tempada 2025/26
Procédese á publicación da Resolución Provisional da asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas para a Tempada 2025-26.
Pode consultar a distribución de usos das IDM na seguinte ligazón:
Prazo de Alegacións: as bases da convocatoria establecen un prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación: do 4 ao 10 de setembro de 2025 (incluídos).
As alegacións deberanse realizar pola Sede Electrónica, no apartado de "Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente".
Facilitase a ligazón:
Na solicitude electrónica será necesario cubrir todos os datos, marcar a casilla: "expediente de referencia", e introducir o nº de expediente : 211/2025/529
31 de Xullo de 2025 - REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN
Publicación do anuncio de Requirimento de documentación das solicitudes presentadas á convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas de adestramento durante a tempada 2025-2026.
Prazo de presentación de emendas: ata o 07.08.2025 (incluído)
Acceso á Sede Electrónica: Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente
Documentos relacionados
CONVOCATORIA DE ASIGNACIÓN DE USOS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE ADESTRAMENTO DURANTE A TEMPADA 2025-26
Pode consultar as bases completas na seguinte ligazón ou no documento adxunto no pé da páxina:
QUEN PODE SOLICITALO?
Poderán solicitar, mediante este procedemento, o uso das instalacións deportivas municipais os seguintes suxeitos:
PROCEDEMENTO
O procedemento polo que se lle distribuirán as horas de utilización privativa das instalacións deportivas municipais ás entidades solicitantes será o de concorrencia competitiva, mediante o cal se pretende garantir o reparto máis equitativo posible entre os/as solicitantes que presenten características similares.
A instrución do procedemento corresponderalle ao Servizo Municipal de Deportes, e a resolución ao Concelleiro de Deportes, por delegación da Xunta de Goberno Local.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO
As entidades deberán solicitar as instalacións e os horarios que se axusten ás súas necesidades, atendendo á modalidade deportiva que se pode practicar en cada instalación e ao horario ofertado nesta convocatoria de acordo coa oferta de horas dispoñibles, a cal pode consultar a continuación:
As solicitudes presentaranse unicamente a través dun procedemento específico na Sede Electrónica no apartado correspondente á Convocatoria de Usos das Instalacións Deportivas Municipais, no prazo do 07 ao 16 de Xullo de 2025.
Pódese acceder directamente á sede electrónica a través da seguinte ligazón:
Documentos relacionados
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible