Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Campamentos Deportivos de Nadal - 2025/2026

Convocatoria para participar nos Campamentos Deportivos de Nadal 2025/2026, onde se realizarán actividades deportivas dirixidas por persoal especializado.

4 de decembro de 2025 - MOVEMENTO DA LISTA DE ESPERA

Tras a finalización do prazo para a formalización da matrícula por parte das persoas con praza adxudicada no sorteo, procédese ao primeiro e único movemento da lista de espera coas prazas que quedaron vacantes.

QUENDAPOSICIÓN NA LISTA DE ESPERA
Quenda 1Do 2 ao 18 da lista de espera (1)
Quenda 2Do 12 ao 35 da lista de espera (2)
  • (1) O número 1 da lista de espera saltouse por estar xa matriculado no outro quenda.
  • (2) Os números 1 a 11 da lista de espera saltáronse nesta quenda por habérselles adxudicado, neste movemento da lista de espera, praza no outro quenda (a súa 1ª opción de preferencia).

As persoas indicadas na táboa anterior, poderán formalizar a matrícula nos prazos e formas indicados a continuación:

DATAS: do 4 ao 9 de decembro de 2025 (ambos os incluídos)

LUGAR: habilitaranse dúas modalidades para formalizar a matrícula:

  • Presencial: acudindo á caixa do Palacio de Deportes de Riazor (C/ Manuel Murguía s/n). en horario de 08:15h. a 14:00h. Terán preferencia as persoas que concierten cita previa e no seu horario. As persoas sen cita previa poderán acudir a matricularse nos horarios que queden dispoñibles. Para que a matrícula sexa efectiva deberá cubrirse o formulario de inscrición e abonarse a taxa correspondente.

Cada persoa só poderase matricular nunha quenda. A matrícula nunha quenda supón a renuncia expresa ao outra quenda solicitada, agás que, feito o movemento da lista de espera, quedasen prazas dispoñibles.

No caso de non formalizar a inscrición no prazo establecido, entenderase que se renuncia á praza e as prazas vacantes quedarán a libre disposición a partir do 10 de decembro.

DOCUMENTACIÓN que se debe acompañar á matrícula:

  • No caso de matrícula presencial: DNI/NIE do/da menor (de non ter, presentarase o Libro de familia) e DNI/NIE do pai, nai ou titor/a.
  • Só se procede, informes médicos ou outros.

28 de novembro de 2025 - LISTAXE CORRIXIDA

Tras detectar un erro administrativo, procédese á publicación da listaxe corrixida de adxudicación de prazas e lista de espera, organizado por quenda de campamento.

27 de novembro de 2025 - LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTA DE ESPERA

Procédese á publicación da listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera, organizado por quenda de campamento.

Para a elaboración destas listaxes, tivéronse en conta os criterios de preferencia establecidos no punto 6.6 das bases da convocatoria:

  1. As persoas empadroadas no Concello da Coruña
  2. A orde de preferencia da quenda indicada na solicitude (Opción 1 ou Opción 2)
  3. O número asignado á solicitude en relación ao número obtido no sorteo público (194)

MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DA INSCRICIÓN

DATAS: as persoas que obtivesen praza poderán formalizar a matrícula do 27 de novembro ao 3 de decembro de 2025 (ambos os incluídos).

LUGAR: habilitaranse dúas modalidades para formalizar a matrícula:

  • Presencial: acudindo á caixa do Palacio de Deportes de Riazor (C/ Manuel Murguía s/n). en horario de 08:15h. a 14:00h. Terán preferencia as persoas que concierten cita previa e no seu horario. As persoas sen cita previa poderán acudir a matricularse nos horarios que queden dispoñibles. Para que a matrícula sexa efectiva deberá cubrirse o formulario de inscrición e abonarse a taxa correspondente.

Cada persoa só poderase matricular nunha quenda. A matrícula nunha quenda supón a renuncia expresa ao outra quenda solicitada, agás que, feito o movemento da lista de espera, quedasen prazas dispoñibles.

No caso de non formalizar a inscrición no prazo establecido, entenderase que se renuncia á praza e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a lista de espera.

DOCUMENTACIÓN que se debe acompañar á matrícula:

  • No caso de matrícula presencial: DNI/NIE do/da menor (de non ter, presentarase o Libro de familia) e DNI/NIE do pai, nai ou titor/a.
  • Só se procede, informes médicos ou outros.

25 de novembro de 2025 - Nº OBTIDO NO SORTEO

Celebrado o sorteo, o número obtido é o 194, que establecerá o corte para a adxudicación das prazas nos Campamentos Deportivos Municipais de Nadal 2025-26.

Pódese comprobar o resultado na seguinte ligazón: SORTEO

A publicación da listaxe de persoas admitidas e lista de espera está prevista para o 27 de novembro de 2025.

24 de novembro de 2025 - LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITANTES PARA O SORTEO

Finalizado o prazo para a corrección de erros e cotejado o dato do Padrón, procédese á publicación da listaxe definitiva de solicitantes, con indicación do número co que participarán no sorteo:

Así mesmo, publícase a listaxe coas solicitudes anuladas, que NON participarán no sorteo:

O sorteo para a obtención do número de corte para a asignación das prazas terá lugar o martes 25 de novembro de 2025, ás 09:00h.

Pódese seguir en directo a través da seguinte ligazón: SORTEO

20 de novembro de 2025 - LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

Tal e como establece a base 6.2 da convocatoria, procédese á publicación da listaxe provisional de solicitantes.

Listaxe provisional solicitantes Campas Deportivos de Nadal 2025-26

CORRECCIÓN DE ERROS: ábrese un prazo para a corrección de erros desde esta publicación e ata o 23 de novembro de 2025, ás 23:59h..

As alegacións presentaranse por correo electrónico a través da dirección programasdeportivos@coruna.gal.

No prazo de corrección de erros non se admitirán novas solicitudes nin cambios na orde de preferencia das quendas, tan só atenderase á corrección dos datos persoais consignados no formulario.

13 de novembro de 2025 - CONVOCATORIA

A continuación, recóllese un resumo das bases da convocatoria que regula este procedemento. As bases completas pódense consultar no documento ao pé de páxina.

PERSOAS DESTINARIAS

Poboación infantil e xuvenil con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos (nados/as entre o 01/01/2013 e o 31/12/2019). Aclárase que as persoas beneficiarias son as e os menores, non os seus titores legais ou custodios.

Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.

Os e as menores que desexen participar no campamento deberán ser autónomos e ter control de esfínteres.

PROGRAMA TIPO E HORARIO

HORARIOPROGRAMA TIPO
08:30-09:00Chegada e recepción de participantes
09:00-10:30Actividade Deportiva I
10:30-12:00Actividade Deportiva II
12:00-12:30Merenda (deberá ser achegada polos/as participantes)
12:30-14:00Actividade Deportiva III
14:00/14:30Devolución e recollida de participantes

Actividades previstas: Durante o desenvolvimiento de cada quenda de campamento están previstas as actividades que se relacionan a continuación, susceptibles de variación por razóns organizativas e/ou de seguridade: atletismo, loita e defensa persoal, bádminton, xadrez, xogos acuáticos, actividades na natureza ou no exterior.

Horarios:

  • Horario xeral das actividades: 09:00-14:00 h.
  • Horario ampliado de conciliación:
    • Entrada: Desde as 08:30 ata 09:00 h.
    • Saída: A elixir entre:
      • 14:00 h.
      • 14:30 h.

A opción de horario ampliado non supón un custo engadido.

LUGAR DE REALIZACIÓN

A sede principal será a Cidade Deportiva de Riazor. Poderanse realizar excursións e actividades en puntos de interese da cidade.

QUENDAS E PRAZAS

Establécense 2 quendas:

  • Quenda 1: 22, 23, 24 e 26 de decembro de 2025
  • Quenda 2: 29, 30, 31 de decembro de 2025 e 2 de xaneiro de 2026

Ofértanse un total de 144 prazas, organizadas en 72 prazas por quenda.

No formulario de solicitude deberá consignarse a quenda ao que queren asistir, por orde de preferencia.

PREZO

Aplicaranse as tarifas segundo a ordenanza fiscal en vigor (OF 15 art.6), sendo o prezo 35,04 € por persoa e quenda.

O horario ampliado non supón un custo engadido.

Redución de taxas: Poderán obter unha redución do 50% na taxa relativa a campamentos aquelas persoas que conten cuns rendementos económicos brutos per cápita, computados anualmente por todos os conceptos e por unidade familiar, que non superen o indicador público de renda de efectos múltiples vixente no momento de efectuar a solicitude.

CRITERIOS DE PREFERENCIA PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

Para establecer a orde de preferencia para a adxudicación de prazas terase en conta:

  • 1º- As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
  • 2º- A orde de preferencia da quenda indicada na solicitude (Opción 1 ou Opción 2).
  • 3º- O número asignado á solicitude en relación ao número obtido no sorteo público

As persoas admitidas na súa primeira opción de preferencia quedarán automaticamente excluídas para a adxudicación na súa segunda opción, pasando ao final da lista de espera.

As persoas que non obtivesen praza neste proceso, pasarán a formar parte da lista de espera.

DATAS A TER EN CONTA

  • Presentación de solicitudes (PREINSCRICIÓNS): do 14 ao 18 de novembro de 2025 ás 23:59 horas, a través do formulario en liña.
  • Publicación da listaxe provisional de solicitantes: 20 de novembro
  • Corrección de erros: desde a publicación da listaxe provisional e ata o 23 de novembro de 2025 ás 23:59 horas, enviando un correo electrónico a programasdeportivos@coruna.gal .
  • Publicación da listaxe definitiva para o sorteo: 24 de novembro de 2025
  • Sorteo (de ser necesario): 25 de novembro, ás 09:00 horas.
  • Publicación da listaxe de adxudicación de prazas: 27 de novembro de 2025, a partir das 14:00 h.
  • Formalización da matrícula das persoas admitidas: do 27 de novembro ao 3 de decembro de 2025, telemáticamente ou presencialmente, acudindo á caixa do Palacio de Deportes de Riazor de 08:15 a 14:00h.
  • Publicación do único movemento de lista de espera: 4 de decembro de 2025
  • Formalización da matrícula as persoas admitidas da lista de espera: ata o 9 de decembro de 2025
  • Publicación prazas a libre disposición: 10 de decembro de 2025
  • Libre matrícula: ata o 17 de decembro ou ata esgotar as prazas.

PREINSCRICIÓN

As solicitudes para participar nos campamentos realizaranse do 14 ao 18 de novembro de 2025, a través do seguinte formulario:

Solicitude de preinscrición nos campamentos de Nadal

Non se admitirán preinscricións realizadas por outros medios.

Poderanse solicitar un máximo de 2 opcións, por orde de preferencia.

Cada menor só poderá constar nunha única solicitude (individual ou familiar). No caso de rexistrar, para unha mesma persoa, máis dunha solicitude, só terase en conta a última, e anularanse de oficio todas as feitas con anterioridade.

Solicitude familiar: para colaborar na conciliación das familias, no caso de que desexen optar ao mesma quenda de campamento, deberán cubrir un único formulario de preinscrición (solicitude familiar), coa condición de que todos os menores sexan membros da mesma unidade familiar ou demostren convivencia no mesmo domicilio.

  • A solicitude familiar permite, nun mesmo formulario, a preinscrición de ata 3 menores. No caso de superar esta cifra, deberán cubrir outro formulario correlativo no tempo se desexan optar ao mesma quenda.
  • No caso de que se presenten solicitudes-formularios diferentes non se garante a asistencia ao mesma quenda, no caso de obter praza.

Aclárase que as persoas beneficiarias son as e os menores, por tanto só poderán realizar a solicitude de preinscrición e a matrícula, no seu caso, os/as titores/as legais que teñan a custodia. No caso de custodia compartida, os interasados deberán poñerse de acordo previamente; no caso de non alcanzar acordo, deberán remitirse ao Servizo de mediación de familia da Xunta de Galicia ou organismo competente, que será quen determine que custodio debe formalizar a solicitude e a matrícula.

EQUIPAMENTO E RECOMENDACIÓNS PARA PARTICIPANTES

  • Indumentaria: roupa e calzado deportivo e abrigo para as actividades exteriores. Para as actividades na piscina, deberán levar bañador, toalla, chanclas, gorro e recoméndanse lentes de natación tamén.
  • Recomendacións: levar un pequeno bidón, cantimplora ou similar irrompible (non se admite de cristal) identificada co seu nome e unha pequena merenda para tomar a media mañá.

Enviarase aos participantes, por correo electrónico, a información relativa ao desenvolvimiento da actividade.

    Documentos relacionados

    • Basees Campamentos Deportivos de Nadal 2025-26 (504 KB)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión