Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Cursos trimestrais de golf - 2.º trimestre de 2026

(abril - maio - xuño)

18 de marzo - LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTA DE ESPERA

Publícase a listaxe de adxudicación de prazas e listaxe de espera, organizadas por grupos, dos Cursos Municipais de Golf do segundo trimestre de 2026.

Para a adxudicación das prazas tivéronse en conta os seguintes criterios de preferencia:

  • As persoas empadroadas na cidade da Coruña.
  • A non participación noutros cursos municipais de golf.
  • A orde de preferencia indicada na solicitude.
  • O número obtido no sorteo público (52), que serviu de corte para establecer a orde de adxudicación.

Pode consultar a listaxe na seguinte ligazón:

13 e 16 de marzo - Publicación da listaxe definitiva de solicitantes - Sorteo de número

Unha vez acabado o prazo de corrección de erros, publícase a lista definitiva de solicitantes, por orde alfabética coa inclusión do número de sorteo, o cal se asignou por orde cronolóxica de solicitude, dos Cursos Municipais de Golf do segundo trimestre de 2026, que se pode consultar na seguinte ligazón:

Así mesmo pode seguir o sorteo, que terá lugar o día 16 de marzo de 2026 ás 09.00 h a traves da seguinte ligazón:

  • Resultado do sorteo público realizado o 16 de marzo ás 09.00 h no que o número resultante é:
    • 52

10 de marzo - Listaxe provisional

Publícase a lista provisional de solicitantes, por orde alfabética, dos Cursos Municipais de Golf do primeiro trimestre de 2026, a cal se pode consultar na seguinte ligazón:

Corrección de erros: a partir da publicación da listaxe provisional e ata o 12 de marzo de 2026. As alegacións presentaranse por correo electrónico a través do correo: programasdeportivos@coruna.gal.

No prazo de corrección de erros non se admitirán novas solicitudes nin cambios na orde de preferencia dos cursos solicitados, tan só se atenderá a corrixir os datos persoais consignados no formulario (Cláusula 3.3 das bases reguladoras).

2 de marzo - Convocatoria

  • Presentación das solicitudes: as solicitudes para participar nos cursos poderán presentarse do 2 de marzo a partir das 08:00 h ata o 8 de marzo de 2026 ás 23:59 h, ambos incluídos.

Formulario: Solicitude de preinscrición nos cursos municipais de golf

  • Listaxe provisional de solicitantes: publicarase o día 10 de marzo de 2026 na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio campo municipal de golf e das instalaciónes municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor, e no teléfono de información cidadá 010.
  • Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións ata o 12 de marzo de 2026. As alegacións presentaranse por correo electrónico a través do seguinte enderezo: programasdeportivos@coruna.gal.
  • Listaxe definitiva de solicitantes: publicarase o 13 de marzo de 2026 a partir das 14:00 h
  • Sorteo público: terá lugar o 16 de marzo de 2026, ás 09:00 h
  • Listaxes de adxudicación de prazas e de espera: publicarase o 18 de marzo de 2026 a partir das 14:00 h
  • Matrícula: no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 20 ao 26 de marzo de 2026 as persoas ás que lles corresponda praza. A xestión da listaxe de espera será do 27 ao 30 de marzo.

CURSOS OFERTADOS

FRANXA DE IDADE

DÍAS

HORARIO

PRAZAS

ADULTOS +17 INICIACIÓN

13.2.26.03.06.0.01

LUNS E XOVES

09:30 a 10:30

8

13.2.26.03.06.0.02

LUNS E XOVES

10:30 a 11:30

8

13.2.26.03.06.0.03

LUNS E XOVES

11:30 a 12:30

8

13.2.26.03.06.0.04

LUNS E XOVES

19:30 a 20:30

8

13.2.26.03.06.0.05

LUNS E XOVES

20:30 a 21:30

8

13.2.26.03.06.0.06

MARTES E VENRES

09:30 a 10:30

8

13.2.26.03.06.0.07

MARTES E VENRES

10:30 a 11:30

8

13.2.26.03.06.0.08

MARTES E VENRES

11:30 a 12:30

8

13.2.26.03.06.0.09

MARTES E VENRES

19:30 a 20:30

8

13.2.26.03.06.0.10

MARTES E VENRES

20:30 a 21:30

8

13.2.26.03.06.0.11

SÁBADO E DOMINGO

09:30 a 10:30

8

13.2.26.03.06.0.12

SÁBADO E DOMINGO

10:30 a 11:30

8

XUVENIL INICIACIÓN 12-17

13.2.26.03.09.0.15

LUNS E XOVES

18:00 a 19:00

8

13.2.26.03.09.0.16

SABADO E DOMINGO

11:30 a 12:30

8

INFANTIL INICIACIÓN 6-11

13.2.26.03.08.0.13

LUNS E XOVES

17:00 a 18:00

8

13.2.26.03.08.0.14

MARTES E VENRES

16:00 a 17:00

8

13.2.26.03.08.0.17

SÁBADO E DOMINGO

12:30 a 13:30

8

DATAS DE INICIO E FIN DOS CURSOS

FRECUENCIA DÍAS

DATA INICIO

DATA FIN

Luns e xoves

06 de marzo de 2026

15 de xuño de 2026

Martes e venres

07 de marzo de 2026

19 de xuño de 2026

Sábados e domingos

11 de marzo de 2026

20 de xuño de 2026

TAXAS:

  • PERSOAS ADULTAS: 49.67 €
  • INFANTIL: 29.81 €

Documentos relacionados

  • Listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera (593 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión