Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Cursos trimestrais de golf - 2.º trimestre de 2026
(abril - maio - xuño)
2 de marzo - Convocatoria
Presentación das solicitudes: as solicitudes para participar nos cursos poderán presentarse do 02 de marzo a partir das 08:00h. ata o 08 de marzo de 2026 ás 23:59h., ambos os incluídos.
Listaxe provisional de solicitantes: publicarase odía 10 de marzo de 2026 na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio campo municipal de golf e das instalaciónes municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor, e no teléfono de información cidadá 010.
Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións ata o 12 de marzo de 2026. As alegacións presentaranse por correo electrónico á dirección programasdeportivos@coruna.gal.
Listaxe definitiva de solicitantes: publicarase o 13 de marzo de 2026 a partir das 14:00h.
Sorteo público: terá lugar o 16 de marzo de 2026, ás 09:00 h.
Listaxes de adxudicación de prazas e de espera: publicarase o 18 de marzo de 2026 a partir das 14:00h.
Matrícula: No Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 20 ao 26 de marzo de 2026 as persoas ás que lles corresponda praza. A xestión da listaxe de espera será do 27 ao 30 de marzo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible