Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña acollerá do 25 ao 27 de maio a fase de ascenso a División de Honra Prata de balonmán, que disputa o OAR

O Concello pon á disposición dos equipos participantes o polideportivo municipal do Barrio das Flores, onde se disputarán seis encontros

Cando:

17 de maio de 2023

A Coruña será unha das sedes da fase de ascenso a División de Honra Prata de balonmán. O Concello, a través do Consorcio de Turismo,  colaborou co club OAR para poder celebrar estes encontros na cidade entre o 25 e o 27 de maio. O Concello amosa deste xeito o seu apoio ao deporte coruñés e a súa interlocución continua cos clubs.

Nesta fase final un dos equipos participantes será o Attica 21 Hotels OAR Coruña, que se enfrontará ao Cajasur Córdoba, Balonmano Soria e KH-7 Balonmano Granollers. A Coruña será unha das tres sedes desta fase para ascender á segunda categoría do balonmán masculino nacional xunto a Avilés e Alacante. 

O grupo II desta fase disputarase no polideportivo municipal do Barrio das Flores, que por capacidade é o recinto municipal máis axeitado para acoller esta competición. Disputaránse seis partidos, enfrontándose todos os equipos entre eles e ascenderá o que mellores resultados obteña. 

Calendario

Xoves 25 de maio

Attica 21 Hotels OAR Coruña - Club Balonmano Soria

Cajasur Córdoba - KH-7 Balonmano Granollers

Venres 26 de maio

Attica 21 Hotels OAR Coruña - Cajasur Córdoba

KH-7 Balonmano Granollers - Club Balonmano Soria

Sábado 27

Attica 21 Hotels OAR Coruña - KH-7 Balonmano Granollers

Club Balonmano Soria - Cajasur Córdoba

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión