Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

A vindeira edición do C21 contará con nove lebres que lles axudarán ás persoas participantes na busca de marcas por debaixo das dúas horas

A recollida de dorsais habilitarase a partir do vindeiro mércores 25, no quinto andar de El Corte Inglés da rúa Ramón y Cajal

Cando:

21 de febreiro de 2026

Falta só unha semana para correr a XVIII edición do medio maratón C21, que terá lugar o vindeiro domingo 1 de marzo tras bater o récord histórico de inscricións na proba, con 3.000 persoas anotadas. 

Entre as persoas participantes, estarán as nove lebres que marcarán os ritmos de carreira diferenciados para as persoas que participen co obxectivo de buscaren marcas: serán Alberto Moris, Borja Costa -que repite como lebre en longo percorrido tras facelo tamén no último C10-, Rubén Sánchez, Borja Lage, Lucía Fariña, Roi Barros, Patricia Martínez, José Manuel García e Carmen Lozano.

Todas e todos eles correrán fóra de competición no referente á clasificación mais os nove levarán un dorsal e unha bandeira coa marca de tempo que van realizar: Moris (1h20'), Costa (1h25'), Sánchez (1h30'), Lage (1h35'), Fariña e Barros (1h40'), Martínez e García (1h45') e Lozano (1h50'), respectivamente.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, puxo en valor o compromiso das nove lebres e tamén a implicación da marca coruñesa The Cobardes, que apoia esta iniciativa: "O traballo en equipo e o apoio colectivo entre as persoas participantes é vital no desenvolvemento das carreiras e as lebres teñen unha función clave neste sentido porque lles axudan a manter os ritmos a moitas persoas que se fixan tempos como obxectivo".

A recollida de dorsais, habilitada a partir do vindeiro mércores 25

A xornada deportiva do 1 de marzo non só inclúe o medio maratón, senón tamén unha carreira de menor percorrido, a 5K, que tamén acaba de chegar ao seu máximo teito histórico de persoas inscritas: 2.000. A estas súmanse as 3.000 que participarán na C21, co que o total de deportistas anotados é de 5.000.

Neste sentido, a partir do vindeiro mércores 25 xa será posible retirar os dorsais de ambas as probas. El Corte Inglés, patrocinador da carreira, habilitará un espazo específico no quinto andar da súa superficie comercial na rúa Ramón y Cajal, onde se disporá un stand para que as persoas inscritas recollan dorsal, camiseta e bolsa de corredor. Co obxectivo de facilitar a recollida, e atendendo á demanda prevista este ano, o Concello ampliou os días dispoñibles para facelo con respecto ás edicións previas.

 Estos serán os días e horarios:

  • Mércores 25 (17.00 a 21.30 horas)
  • Xoves 26, venres 27 e sábado 28 (10.00 a 21.30 horas, de forma ininterrumpida)

Manuel Vázquez subliñou que "as cifras de inscrición deste ano amosan unha tendencia moi positiva que reforza a liña de acción que está a impulsar o Goberno de Inés Rey con respecto á programación de carreiras deportivas na cidade". O edil lembrou, ademais, que o Concello tamén traballa a medio e longo prazo para atraer eventos nacionais e internacionais, como o Campionato de España de Milla, 5K e Medio Maratón que terá lugar na cidade no ano 2027.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión