Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Deportes

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Campamentos Nadal Fórum e Ágora

Durante este campamento de Nadal no Fórum e no Ágora descubriremos o Circo a través dos sentidos.

¿A quién va dirigido?:

PARTICIPANTES

Nenas e nenos nadas/os entre 2014 e 2022, teñen que ter cumpridos os 3 anos no momento de inicio do campamento, agrupados por idades.

Reservarase unha porcentaxe das prazas para solicitantes con diversidade funcional en grao que lles permita participar nas actividades motrices co grupo. Non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias.

No caso de que haxa maior demanda deste tipo de prazas, valorarase individualmente cada unha das solicitudes.

Cuándo:

Desde el 22/12/2025 hasta el 07/01/2026

Inscripciones:

Abrirase o día 1 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para a inscrición.

Horario:

HORARIO

Ordinario: das 10.00 ás 14.00 h

Coa posibilidade de ampliación horaria, para a conciliación familiar:

  • Opción A: das 10.00 ás 14.30 h
  • Opción B: das 9.00 ás 14.00 h
  • Opción C: das 9.00 ás 14.30 h
  • Opción D: das 8.30 ás 14.00 h
  • Opción E: das 8.30 ás 14.30 h

As modalidades de ampliación horaria só se porán en marcha cun mínimo de 10 participantes.

Haberá unha pausa das 11.45 ás 12.00 h, para a merenda, que cada participante traerá da súa casa.

Número de plazas:

Número de prazas en cada centro: 90 prazas, distribuídas en 6 grupos por idades.

Precio:

COTA

Campamento, con horario ordinario: 35,00 €

  • Opción A: 38,00 €
  • Opción B: 40,00 €
  • Opción C: 42,50 €
  • Opción D: 42,50 €
  • Opción E: 45,00 €

Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o campamento, só se devolverá o seu importe se se cobre a praza con outra persoa solicitante.

Organiza:

IMCE

Contacto:

imceocio@coruna.gal 

Documentos:

Campamentos-urbanos-de-Nadal-2025-Forum-e-Agora-1.pdf (1 MB)

A aventura está a piques de comezar...

Nun recuncho agochado do tempo, ergueuse un circo moi especial. Non ten carpa de cores nin focos brillantes, pero no aire respírase maxia, misterio e ilusión. Contan que quen entra nel, non sae nunca sendo a mesma persoa.

Viaxaremos a un mundo onde cada risa e cada mirada pode abrir portas invisibles. Cada día é unha nova escena.

Pouco a pouco, iremos descubrindo que a verdadeira maxia non está nos trucos e no escenario, senón na capacidade de soñar que medra dentro de cada corpo.

Cada aventura será a chispa que nos lembrará que o marabilloso está moito máis preto do que parece.

LUGARES E DATAS

No Fórum Metropolitano ou no Centro Ágora.

Os días 22, 23, 26, 29, 30 de decembro do 2025 e 2, 5 e 7 de xaneiro do 2026.

INSCRICION Abrirase o día 1 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para a inscrición.

A inscrición é directa ata que se cubran as prazas. Todo o proceso será telemático.

- Unha vez enviado o formulario, no momento recibirá un primeiro correo electrónico co xustificante de recibimento da información indicada no dito formulario (manda automaticamente Google).

- Nun prazo máximo de 24 horas, recibirá un segundo correo de Serviplustotal S.L. forumagora@serviplus.org coa confirmación da praza (se fai a inscrición na fin de semana, será ao longo do seguinte luns).

Revise a carpeta de lixo ("spam") eses días, por se acaso.

- Cando nese segundo correo reciba esa confirmación da praza, ten que realizar o ingreso do importe correspondente á modalidade horaria elixida, no seguinte número de conta de ABANCA ES76 2080 0036 6230 4002 1977.

- Unha vez aboado, terá que enviarnos dende a súa conta de correo electrónico ao mesmo correo forumagora@serviplus.org o seguinte:

· xustificante da transferencia ou unha captura de pantalla da dita transferencia. Por favor, non mandalo dende a aplicación do banco, xa que dende algunhas non nos facilitan ningún dato.

· nome da crianza

· centro (Fórum ou Ágora) e

· opción da ampliación horaria (A, B, C, D ou E)

Este correo permitiranos cotexar que o pago é correcto (xa que por cuestións relacionadas coa protección de datos, non temos acceso á información bancaria das persoas que fan o ingreso, e os xustificantes de recibimento das aplicacións dos diferentes bancos non sempre facilitan os datos que requirimos, xa que nalgúns só se envía o nome da persoa titular da conta, sen indicar o concepto da transferencia). O prazo para o envío do correo co xustificante bancario será de 3 días hábiles. Unha vez que transcorra o dito prazo, poremos as prazas de novo a disposición ate que se esgoten.

No caso de que non poidan asistir ao campamento non se farán devolucións, salvo que se cubra a praza.

+ INFORMACIÓN

Dous días antes do comezo do campamento enviarase por correo electrónico, ao enderezo dende o que se realiza a inscrición, toda a información relacionada co funcionamento do dito campamento.

Se precisan máis información poden solicitala:

· a través do servizo telefónico gratuíto 010 ou no correo electrónico: forumagora@serviplus.org

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión