1. Concurso de debuxo "TARXETA NADAL E O DEPORTE".
- Participantes: alumnado das Escolas Deportivas Municipais nado entre 2012 e 2017 (6-11 anos). Só se aceptará un (1) debuxo por participante.
- Formato: libre, cunhas dimensións máximas de 210x297mm. (DIN A4) e poderá presentarse tanto en vertical como en horizontal.
- Forma de presentación: o debuxo non debe levar o nome da persoa participante e deberá vir dentro dun sobre, acompañado doutro sobre cerrado co formulario de participación cuberto.
- Lugar de presentación: ao profesorado ou na conserxería do Palacio de Deportes de Riazor.
2. Concurso de "ADORNO DE NADAL".
- Participantes: unidades familiares, co único requisito de que un dos membros que a compoña sexa alumno ou alumna das Escolas Deportivas Municipais. Só se aceptará un (1) adorno por unidade familiar.
- Formato: libres, cunhas dimensións máximas de 1x1x1m. (1 m3), empregando obrigatoriamente materiais reciclados.
- Forma de presentación: deberase presentar nunha caixa, cun sobre dentro con formulario de participación. Tanto o sobre como a caixa deberán ir cerrados.
- Lugar de presentación: ao profesorado ou na conserxería do Palacio de Deportes de Riazor.
CUESTIÓNS COMÚNS ÁS DÚAS MODALIDADES
- O prazo de presentación dos debuxos e adornos de Nadal remata o luns 11 de decembro ás 15.00 horas.
- Os sobres así como o formulario de participación estarán dispoñibles na conserxería do Palacio de Deportes de Riazor. O formulario tamén se pode descargar nesta páxina.
- Realizarase unha exposición dos traballos presentados na entrada do Palacio Municipal dos Deportes de Riazor dende o día 15 de decembro de 2023 ata o 7 de xaneiro de 2024.
- Establécense 3 premios por modalidade:
- 1.º premio: material deportivo por valor de 100 €. O debuxo gañador poderase empregar para a tarxeta de felicitación da Concellería de Deportes.
- 2.º premio: material deportivo por valor de 50 €
- 3.º premio: material deportivo po valor de 25 €
- Todas as persoas participantes recibirán un agasallo.
- As datas e lugar de entregas de premios e agasallos publicaranse nesta páxina web.