Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Inés Rey presenta “Las diez mil hijas de Irene”, o libro de Álex Centeno sobre a historia do fútbol feminino en Galicia

A obra recolle información sobre o papel das mulleres no fútbol dende Irene González ata Verónica Boquete

Cuándo:

13 de marzo de 2023

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta tarde o libro "Las diez mil hijas de Irene" do xornalista Álex Centeno. A obra recolle a historia do fútbol feminino en Galicia dende Irene González, a primeira xogadora de fútbol en España, ata Verónica Boquete, actual xogadora. "Con esta obra facemos unha importante homenaxe non só a Irene González, senón a todas as súas fillas, repasando a historia de todas aquelas pioneiras que pouco a pouco fixeron o mellor equipo para combater a desigualdade no mundo deportivo" explicou Inés Rey.

No libro recóllese información, imaxes e historias de diferentes mulleres no mundo do fútbol. Xogadoras, entrenadoras, árbitros ou equipos femininos. No acto interviu a alcaldesa, Inés Rey; xunto con Gonzalo Trenor, delegado da Xunta de Galicia na Coruña e Álex Centeno, autor do libro. A rexedora destacou que o fútbol galego "ten un marcado carácter coruñés recollido neste libro" en alusión á orixe de Irene González como primeira xogadora de fútbol. 

Tamén lembrou outros fitos recollidos no libro como a orixe do Karbo, o primeiro club feminino campión de España que ten a súa orixe nos Mallos, ou o partido xogado en Elviña de solteiras contra casadas no 1963, recuperado este ano polo Goberno de Inés Rey con motivo das festividades do Entroido. "Momentos nos que houbo mulleres que deron a coñecer os seus nomes pasando a firmar un importante capítulo do relato desta cidade como tamén fixeron Pili Neira, Teresa, Inma e Manola ao obter o título de adestradoras a nivel nacional, as catro primeiras mulleres en España en facelo" sinalou Rey.

A alcaldesa rematou agradecendo a Centeno o seu traballo para este volume e reivindicou que "an falla máis Irenes González e Verónicas Boquete, mais tamén moitas máis Pilis Neira ou Inmas, Manolas e Teresas nas que as nenas do mañá se vexan reflectidas para conquistar o futuro dende o presente".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión