Concello da Coruña

Concello da Coruña

Máis de 450 atletas competirán na primeira xornada do circuíto Coruña Corre en pista

Será a primeira das seis probas dun evento que levaba sen disputarse desde o 2018

Cando:

28 de febreiro de 2022

Máis de 450 atletas están inscritos na primeira xornada do circuíto Coruña Corre en pista que se celebrará este martes no Palacio dos Deportes de Riazor. É a primeira das seis probas que forman parte dun evento que non se disputaba desde 2018.

A xornada disputarase en horario de mañá (de 10.30 a 14.00 horas) e de tarde (de 16:30 a 20:30). Entre os inscritos figuran algúns atletas que estiveron esta fin de semana no Campionato de España de pista cuberta celebrado en Ourense, tales como Hugo Vázquez (Marineda Atlético) e Teresa Rodríguez (Riazor Coruña). Outros atletas destacados serán Iago Jopia e Dani Salgueiro (Coruña Comarca). De La mochila del deporte destacan Paulo Fernández, Simón Lago e as compoñentes do equipo de campo a través, bronce no campionato de España sub16 (Paula Vázquez, Cristina Mato, Carolina Delia Mera, Andrea Caínzos e María Vázquez).

Será unha xornada deportiva e festiva en pleno martes de Entroido. Ademais das catro entidades atléticas da cidade, e de deportistas do club Compañía de María, participarán atletas do Club Atletismo Sada, Fogar de Carballo, Narón, Ría de Ferrol, Rías Baixas de Pontevedra, Vila de Cangas, Atletismo Cuntis, Millaraio de Santiago, Atletismo Fene, Celta de Vigo, San Miguel de Marín, Atletismo Santiago e Viguesa de Atletismo.

As probas que forman parte do calendario deste primeira xornada son 50 metros lisos e valados, 300, 600, 800, 1.500 metros e os concursos de altura, lonxitude, triplo salto e lanzamento de peso. As probas abranguen todas as categorías desde sub 10 ata a absoluta.

​O circuíto Coruña Corre en pista completarase con cinco xornadas máis que se disputarán no estadio universitario de Elviña nas seguintes datas: 9 e 23 de abril; 21 e 29 de maio e 18 de xuño. O Concello impulsou a recuperación deste circuíto que coorganiza xunto aos catro principais da cidade baixo a supervisión da federación galega de atletismo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión