Concello da Coruña

Concello da Coruña

Regulamento e Probas Coruña Corre en Pista 2022

6ª é 7ª XORNADA DO 18 DE XUÑO DE 2022

Regulamento da 6ª e 7ª Xornada do Coruña Corre en Pista na seguinte ligazón 

Horario defintivo da 6º e 7ª Xornada do Coruña Corre en Pista na seguinte ligazón

Inscritos na 6ª e 7ª xornada do Coruña Corre en Pista na seguinte ligazón

Resultados das 6ª é 7ª Xornada do Coruña Corre na seguinte ligazón:

O Circuíto Coruña Corre en Pista, desenvolverase durante o ano 2022 e estará integrado por 6 xornadas:

Xornada

Data Prevista

Instalación

Xornada de pista cuberta

1/3/2022

Palacio dos Deportes

Xornadas pistas aire libre

09/4/2022

01, 21 e 29/5/2022

18/6/2022

Pistas de Elviña UDC

A continuación pode consultar un extracto do regulamento deste circuíto, e no pe de paxina, pode descargalo xunto co regulamento e o calendario da 1ª proba a cal se levara a cabo este 1 de marzo no Palacio dos Deportes de Riazor

CONTROL DO CIRCUITO

Estará controlado tecnicamente pola Federación Galega de Atletismo, a través das súa Delegación en A Coruña, así como polo departamento de Estatística da FGA. O circuíto será organizado polo Concello da Coruña en colaboración cos clubs de atletismo da cidade.

CUMPRIMENTO DAS NORMAS VIXENTES

Cada unha das probas que integran o Circuíto está suxeita ós criterios mínimos obrigados que se establecen oficialmente para a organización de carreiras en pista, aprobadas pola Xunta Directiva da Federación Galega de Atletismo (en adiante FGA). Cada una das probas terá o seu regulamento particular.

CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES

As categorías que poderán tomar parte neste Circuíto Coruña Corre en Pista, son as seguintes , en mulleres e homes.:

  • Sub10,
  • Sub12,
  • Sub14
  • Sub16
  • Sub18
  • Sub20
  • Absoluta

O tipo de probas establecerase no regulamento particular de cada xornada.

Moi importante: As organización das respectivas carreiras terán a potestade de esixir o D.N.I. tanto na entrega de dorsais como na entrega de premios. Ante a ausencia de documentación ou dúbida sobre a mesma, será a organización quen resolva a incidencia, autorizando ou denegando tanto a participación do atleta.

PRAZOS DE INSCRICIÓNS E PARTICIPANTES

Cada xornada posuirá o seu propio prazo de inscrición. As inscricións en cada unha das probas efectuarase unicamente mediante os clubs participantes.

MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓNS

As descualificacións de atletas nunha proba levará aparellada a perda de todos aqueles puntos e premios obtidos polo atleta infractor na proba de que se trate, non se tendo en conta para os efectos de puntuación do seu equipo. Consideraranse as seguintes conductas antirregulamentarias do atleta:

  • Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no peito durante todo o percorrido) ata a súa entrada na Meta. 
  • Participar cun dorsal que corresponde a outro corredor.
  • Non atender as indicacións dos membros da Organización ou xuíces. 
  • Aquela conducta que sexa estimada como antideportiva, sempre que non sexa motivo de expulsión do Circuíto.
  • Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da Organización da xornada poida ser considerada como conducta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.
  • Ser reincidente nalgunha infracción de descualificación de carreira. 
  • Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
  • Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente na contra do espírito deportivo.
  • Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo do Comité poidan ser consideradas como conducta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.

PROCEDEMENTO DE SANCIÓN

O Comité de Competición do Circuíto Coruña Corre en Pista actuará, previa denuncia presentada por escrito nos 3 días seguintes á xornada onde se cometeu a infracción.

Examinada a denuncia polo Comité, trasladarase dita denuncia ó interesado para, nos 5 días seguintes, realice as alegacións oportunas.

Transcorrido o prazo, con ou sen presentación de alegacións, o Comité resolverá o que proceda; sendo a súa decisión única e inapelable.

O Comité resérvase o dereito de actuar de oficio cando concorran causas excepcionais que así o aconsellen.

O Comité de Competición estará formado por dous representantes do Servicio de Deportes Municipal e un representante da FGA, este último non poderá pertencer á Xunta Directiva ou Asemblea dos clubs participantes no circuíto.

NORMATIVA DE CLASIFICACIÓNS E PREMIOS

Entregaranse trofeos aos tres mellores atletas de cada club segundo a táboa internacional de puntuación.

CLAUSURA.

Realizarase o día 15/12/2022 no centro Ágora no transcurso da Gala da entrega de premios de Coruña Corre. 

CLÁUSULAS ADICIONAIS.

  • Primeira: A organización resérvase a potestade de cambiar as probas, xornadas ou modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas ós participantes co tempo suficiente. 
  • Segunda: Ningún atleta federado poderá competir con outro Club que non sexa o que figure na súa licenza correspondente. No caso de que se producise esta situación, o atleta será descualificado automaticamente. Por outra banda, os atletas que sexan sancionados por dóping, non poderán optar á clasificación en ningunha das probas que compoñen o Circuíto, nin á clasificación final do Circuíto. Do mesmo modo, ningún atleta que se inscriba como integrante dun club, poderá formar parte doutro club durante o desenvolvemento de ningunha das probas que integran o circuíto.
  • Terceira: A participación no Circuíto Coruña Corre en Pista de A Coruña non supón ningún dereito nin privilexio respecto ás normas e regulamentos esixidos na convocatoria de cada unha das probas, polo que cada corredor/a terá que aceptar as bases que regulen as competicións de cada unha das probas que o integran.
  • Cuarta: Cada unha das xornadas que formen parte do Circuíto Coruña Corre en Pista de A Coruña deberá estar incluída no Calendario de Probas da Federación Galega de Atletismo.
  • Quinta: A Federación Galega de Atletismo comprométese a apoiar e publicitar cada unha das xornadas que formen parte do Circuíto Coruña Corre en Pista a  través         da           WEB www.atletismogalego.org e www.carreirasgalegas.org.
  • Sexta: Todos os atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente Regulamento e en caso de dúbida, sempre prevalecerá o criterio da Organización.

COMITÉ DE COMPETICIÓN

Presidente: Representante do Concello da Coruña.

Vicepresidente: Representante da FGA.

Vocais: 2 Técnicos de deportes do concello da Coruña.

A súa función fundamental será resolver cuestións técnicas que se produzan nas distintas probas e que podan afectar ó circuíto (anomalías na participación, clasificacións, etc.). Reunirase só en caso de necesidade.

REGULAMENTO XERAL - Coruña Corre en Pista 2022

Documentos relacionados

  • Persoas inscritas na VI e VII Xornada Coruña Corre en Pista (694 KB)
  • Horario definitivo Coruña Corre en Pista - Xornadas VI e VII (899 KB)
  • Regulamento 6.ª e 7.ª xornada Coruña Corre en Pista 2022 (165 KB)
  • Horario modificado 5.ª xornada Coruña Corre en Pista 29 de maio (620 KB)
  • Persoas inscritas V Xornada Coruña Corre en Pista - 29 de maio (682 KB)
  • Regulamento V Xornada Coruña Corre en Pista 29 de maio (173 KB)
  • Regulamento 4ª Xornada Coruña Corre en Pista - 21 de maio (135 KB)
  • Inscritos Coruña Corre en Pista 21 de Maio (473 KB)
  • Horario definitivo da 4.ª xornada de Coruña Corre en Pista 21 de maio (135 KB)
  • Acta da III Xornada Coruña Corre en Pista (388 KB)
  • Horario definitivo 3ª Xornada Coruña Corre en Pista (662 KB)
  • Inscritos 3ª Xornada Coruña Corre en Pista (273 KB)
  • Regulamento 3ª Xornada Coruña Corre en Pista (142 KB)
  • Resultados da primeria xornada (438 KB)
  • Resultados da Segunda Xornada (376 KB)
  • Resultados da terceira Xornada (388 KB)
  • REGULAMENTO XERAL - Coruña Corre en Pista 2022 (440 KB)
  • REGULAMENTO E HORARIOS - 1ª Xornada Coruña Corre en Pista 2022 (601 KB)
  • Horarios 2ª Xornada (167 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión