Concello da Coruña

Concello da Coruña

O circuíto de atletismo Coruña Corre en pista volve á cidade, con seis xornadas repartidas entre Riazor e o estadio universitario de Elviña

A primeira das probas, que se levará a cabo en pista cuberta, terá lugar este martes 1 de marzo, no Palacio dos Deportes de Riazor

Cando:

24 de febreiro de 2022

O Concello retomará o vindeiro martes, día 1 de marzo, o circuíto de atletismo Coruña Corre en pista, impulsado polo Goberno de Inés Rey coa supervisión da Federación Galega de Atletismo e en colaboración con catro clubes de atletismo da cidade: Marineda Atlético, Coruña Comarca, Riazor Coruña e La Mochila del Deporte.

O circuíto, ideado para retomar a competición en pista na cidade, abrangue un total de seis xornadas que se levarán a cabo entre o Palacio dos Deportes de Riazor, en pista cuberta, e o estadio universitario de Elviña, ao aire libre. 

A primeira das xornadas previstas, o martes 1 de marzo, terá lugar no Palacio dos Deportes de Riazor durante todo o día: en horario de mañá, de 10.30 a 14.00 horas; e tamén de tarde, de 16.30 a 20.30 horas. Nas probas, que abarcan disciplinas como as carreiras de 50 m. e 50 m. valados, así como 300, 600, 800, 1.500 e concursos de altura, lonxitude, peso e triplo salto, poderán participar os atletas que conten coa ficha da Federación Galega de Atletismo e efectúen a inscrición correspondente. 

O calendario de probas, que chegará ao estadio universitario de Elviña tras esta primeira xornada en Riazor, continuará ata mediados do mes de xuño. As datas, notificadas este xoves pola concelleira de Deportes, Mónica Martínez, durante un encontro celebrado no Palacio dos Deportes de Riazor con responsables dos catro clubes de atletismo colaboradores co Coruña Corre en pista, son as seguintes:

  • 9 de abril

  • 23 de abril

  • 21 de maio

  • 29 de maio

  • 18 de xuño

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión