Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello obtén autorización para instalar unha cafetería na cidade deportiva Arsenio Iglesias

A estrutura, desmontable, conta cos permisos de Patrimonio e estará operativa para o vindeiro curso. Os traballos comezarán nos próximos días e teñen un prazo de execución de tres meses

Cuándo:

18 de mayo de 2023

O Concello recibiu o informe favorable do Consello Territorial do Patrimonio Cultural de Galicia para instalar na cidade deportiva Arsenio Iglesias da Torre de Hércules unha cafetería que lles dará servizo ás máis de 18.400 persoas que utilizan cada mes este espazo. O informe sinala que a creación desta estrutura non afecta os bens protexidos da contorna e cumpre polo tanto coa normativa.

Deste xeito, desbloquéase un proxecto esencial e necesario que levaba paralizado desde o ano 2015. Trátase dunha histórica demanda de equipos e entidades que empregan estas instalacións municipais, así como de familiares que acompañan os miles de mozos e mozas que practican neles diferentes deportes.

O proxecto da cafetería supón a instalación dun módulo metálico prefabricado que quedará asentado na cara leste do edificio do frontón da Torre. A cafetería quedaría deste xeito oculta desde a Torre de Hércules, un dos requisitos patrimoniais existentes. O obxectivo é que os traballos, que empezarán nos próximos días, queden rematados ao longo do verán (o prazo de execución é de tres meses) e, deste xeito, a nova cafetería dea servizo xa ao inicio da próxima temporada.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión